Saltar
Máis de JÄTTELIK serie

JÄTTELIK Funda nórdica e funda almofada, dinosauros/branco, 150x200/50x60 cm

34,99€

Complétao con

Manta de tecido reciclado branco dobrado, quilted, deseño sinxelo.

SMÅSPORRE Edredón 4 estacións, 150x200 cm

49,99€
  • 4 estacións
  • Poliéster

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Algodón/Lyocell
  • Número de fíos: 166 /inch²

Unha funda de edredón fresca e cómoda con dinosauros de distintas cores e formas. Está confeccionada con materiais naturais e resistentes de lyocell e algodón. Vén empaquetada nunha bolsa de tela feita con refugallos de produción.

Número de artigo504.641.15

Feita con algodón e lyocell, uns materiais suaves e naturais moi agradables ao tacto. Non contén substancias, ftalatos nin produtos químicos daniños para a pel ou a saúde dos pequenos.

O lyocell absorbe e elimina a humidade; deste xeito o teu fillo gozará dun ambiente de descanso agradable.

A tea é dun tecido tupido e moi duradeiro.

A cremalleira impide que o edredón se mova.

Opinións dos clientes

4.7Recensión: 4.7 de 5 estrelas. Revisións totais: 265Valoración media
265Opinións
4.7Recensión: 4.7 de 5 estrelas. Revisións totais: 265Valoración media
265Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Un dormitorio infantil temático de dinosauros con piveta JÄTTELIK, peluches, cortinas e unha cama pequena.

Por que aos nenos lles encantan os dinosauros?

JÄTTELIK é para os pequenos amantes dos dinosauros. Para aqueles que nos poden dar unha malleira falando sobre os hábitos alimenticios do Tiranosauro Rex e que che dirán que un Velocirráptor podía correr a 50 quilómetros por hora. Pero por que aos nenos lles gustan tanto os dinosauros? Que fai que memoricen unha cantidade incrible de datos e nomes longuísimos? Contamos coa axuda dunha experta para entendelo.

Lina Bodestad é licenciada de Psicóloga especializada en desenvolvemento infantil. Pensa que é a combinación de realidade e fantasía o que fai que estes seres prehistóricos lles resulten tan intrigantes. "Os dinosauros teñen calidades similares ás dos animais cos que os nenos se poden relacionar, pero polo seu aire fantástico, tamén estimulan a imaxinación. Por exemplo, porque voaban como un dragón ou porque tiñan arrepiantes dentes afiados. O feito de que as liñas entre a realidade e a fantasía se esborranchen adoita chamar a atención e a curiosidade dos nenos".

Facer que o mundo sexa máis comprensible

Pero non se trata só de mergullarse nun mundo máxico e emocionante. Os nenos de tres a seis anos adoitan ter a necesidade de sistematizar a súa contorna, como cando clasifican os xoguetes por cores. "Para os nenos destas idades hai algo emocionante en recompilar datos, entender como están conectadas as cousas e como poden compararse e categorizarse. O mundo faise un pouquiño máis comprensible", explica Lina.

Aumentar a confianza

Como sabemos que a información e os datos son importantes para os nenos, todos os nosos dinosauros da serie JÄTTELIK están inspirados nos dinosauros que realmente existiron. Ter estes coñecementos especiais fai que os nenos sintan por primeira vez que dominan verdadeiramente algo e aumenta a confianza en si mesmos. "Aínda que como pai ou nai é posible que non saibas moito sobre o tema, o neno poderá sentirse orgulloso de saber máis ca ti sobre as diferenzas entre os carnívoros e os herbívoros de hai uns 65 millóns de anos".

Máis información

Material

Que é o lyocell?

O lyocell é unha fibra resistente e sedosa que provén da pasta de celulosa. A fibra suave de lyocell absorbe ben a humidade e ten un tacto fresco. É por iso que a utilizamos na roupa de cama e para o recheo de almofadas e edredóns. Ó igual que co resto de materias primas derivadas da madeira, procuramos utilizala da maneira máis intelixente e eficiente posible para evitar refugallos.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de JÄTTELIK serie

Accesorios para JÄTTELIK