Saltar

IGGÖN Base de parasol con bolsas de area, gris escuro, 60x60 cm

50€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
IGGÖN
505.858.48

As bolsas de area evitan que a base de parasol IGGÖN se mova do seu sitio. Enche as bolsas de area e utiliza as prácticas asas cando teñas que as cambiar de sitio.

Retrato en branco e negro do deseñador sorrinte con lentes, brazos cruzados, cunha camisa escura.
DeseñadorMarcus Arvonen
Máis información
IGGÖN Base de parasol con bolsas de area, gris escuro, 60x60 cm

Opinións dos clientes

2.9Recensión: 2.9 de 5 estrelas. Revisións totais: 18Valoración media
18Opinións
2.9Recensión: 2.9 de 5 estrelas. Revisións totais: 18Valoración media
18Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Patio de xardín con paraugas azul, mesa branca, cadeiras e flores.

A mellor amiga do parasol

Sinceramente, a base do parasol non é o primeiro no que pensamos cando falamos de deseñar un balcón ou unha terraza. Porén, é un elemento asaz importante para gozar ao máximo da vida ao aire libre, especialmente nos días máis solleiros. A base de parasol IGGÖN con sacos de area está pensada para satisfacer as túas necesidades e as do teu parasol.

"Decidimos crear unha base que se adaptase a todos os nosos parasoles", di a deseñadora de produtos Gunilla Hansson. "Deste xeito non será necesario perderes o tempo decidindo entre distintos modelos. Poderás centrarte unicamente no parasol, nos mobles e en todo o que queiras utilizar para crear un espazo ao aire libre acolledor". Antigamente, no noso catálogo tiñamos bases de cemento e plástico. E eran boas, cumprían co seu cometido. "Porén, o peso das de cemento facía que non fosen a mellor opción. Os nosos clientes mostrábanse reticentes a cargalas ata as súas casas", di Gunilla.

Sacos cheos de area

IGGÖN é moito máis cómoda. Consiste dunha base metálica e bolsas de tea que podes levar á casa nunha caixa pequena. Enche as bolsas de area e engánchaas para evitar que a base se mova. O tecido exterior das bolsas, de cor gris neutra, está feito dunha tea impermeable e maiormente reciclada. "Puxemos as bolsas a proba durante todo un inverno e, a pesar do vento, a choiva e a neve, hai que recoñecer que non quedaron nada mal", di Gunilla.

Robustas e suaves

IGGÖN é estable e segura e desempeña exactamente o mesmo traballo cá unha base de parasol tradicional. Mais neste caso é moito máis fácil de transportar. Os sacos de area inclúen unha asa que che permitirán movelas onde queiras. E IGGÖN tamén é suave. "Os sacos de area son suaves ao tacto. Por se algún día ti ou algún familiar batedes co pé contra eles".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de

Accesorios para IGGÖN