Visto desde fóra, HAVBÄCK transmite sosego e pulcritude, coas súas portas e caixóns de peche suave onde gardar botes e outros produtos de baño. "Pero o interior non só debería servir para gardar cousas. Tamén é importante que che permita saber onde tes cada cousa", di Sarah. Para evitar problemas con eses divisores que acaban caendo ou movéndose por dentro do moble, os divisores de HAVBÄCK están fixos no interior. "Utiliza a serie de organizadores VISSLAÅN e BOLLÖSUND para aproveitar ó máximo o espazo dos caixóns".
HAVBÄCK Arm alt porta, beixe, 40x35x195 cm
Complétao con

HACKÅS Pomo, 15 mm
Como conseguilo
Recoller 33 puntos con
10 ano de garantía
Aquelas persoas que valoran a calma e simplicidade saberán admirar a pulcritude e sinxeleza da serie de baños HAVBÄCK. Este armario alto aproveita ao máximo a verticalidade e apenas ocupa espazo no chan.
Espazos amplos nun espazo estreito onde gardar toallas, secador e outros obxectos de baño.
As bisagras con amortecedores integrados aseguran a porta e péchana amodo, en silencio e suavemente.
Podes montar a porta para que se abra dende a dereita ou dende a esquerda.
Cunha asa ou un tirador poderás crear a solución ideal que se axuste ao teu gusto e estilo. Véndense por separado.

Opinións dos clientes
Accesorios para HAVBÄCK
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Unha elección obvia e unha convivencia perfecta
HAVBÄCK é un moble para o baño que facilita as cousas pola mañá, o momento no día onde o baño é máis solicitado. Ideal para empezar ben o día.
Sarah Fager, a deseñadora de HAVBÄCK, sabe algunha cousiña sobre as aglomeracións matutinas no baño. "Conforme soa a primeira alarma pola mañá, toda a familia sae correndo para ocupar un oco no baño. En situacións así, máis vale saber onde tes as túas cousas". Visto o visto é lóxico que o eixo sobre o que xira a familia HAVBÄCK sexa a funcionalidade.
O interior tamén importa
O eixo central do baño
Este moble está dispoñible en varios tamaños e podes elixir entre distintos lavabos para encontrar a combinación para ti e o teu baño. Un moble máis largo con lavabo dobre pode ser, por exemplo, a solución para alixeirar os atascos matutinos. Porén, unha opción con máis fondo é perfecta se queres lavar algunha cousiña á man. Ademais, o HAVBÄCK é máis fácil de montar ca moitas das nosas outras familias de baño anteriores. "O pequeno conector permite xuntar as partes sen necesidade de usar ningunha ferramenta. De feito, puidemos reducir o tempo de montaxe un 70% con respecto a outros mobles para o baño. Ideal se deveces por ver o teu baño preparado".









