"Para durmir ben, o primeiro paso é ter sabas suave e agradables ao tacto. O algodón é un material natural e transpirable, ideal para os momentos nos que o teu bebé poida pasar calor". A serie GULDVÄVARE inclúe deseños e bordados en cores sensibles e calmas que axudan a crear unha atmosfera acolledora na cama. Moitos bebés séntense máis seguros cun boneco de peluche ao seu carón. "Suxeitar algo que lles resulta familiar axúdaos a descansar e durmir mellor".









GULDVÄVARE Roupa de berce de 3 pezas, rosa claro/beixe, 60x120 cm
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Recoller 4 puntos con
Podes cambiar de opinión
Un conxunto con todo o necesario para crear un recuncho para o teu bebé: unha funda nórdica, unha funda para a almofada e unha saba con elásticos. Todo feito de muselina de algodón orgánico con certificación GOTS, transpirable e suave ao tacto.
- Algodón
- Número de fíos: 250 /inch²
Material
100% algodón
Mantemento
Encolle un 4% como máximo.
Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.
Lavar xunto con prendas de cor similar.
Darlle a volta do revés á tapizaría e pechar as cremalleiras antes do lavado.
Non empregar lixivia.
Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).
Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Lava este produto antes de usalo por primeira vez.
Roupa de cama feita de muselina de algodón, suave e resistente, cunha estrutura discreta que transformará a cama do teu bebé nun espazo cómodo e apracible.
A muselina de algodón da colección GULDVÄVARE inclúe 3 capas entrelazadas, que melloran a capacidade de absorción do tecido, a ventilación e a sensación ao contacto coa pel.
A funda nórdica é dunha cor distinta a cada lado e da funda da almofada asoman o que semellan ser as orelliñas dun gato.
Un agasallo ideal para un bebé acabado de nacer e pais novos.
Algodón con certificación orgánica GOTS: CMPY-158887.
Inclúe: 1 funda nórdica (110x125 cm), 1 funda de almofada (35x55 cm) e unha saba con elásticos para colchóns de 60x120 cm cunha altura máxima de 11 cm.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Material
100% algodón
Mantemento
Encolle un 4% como máximo.
Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.
Lavar xunto con prendas de cor similar.
Darlle a volta do revés á tapizaría e pechar as cremalleiras antes do lavado.
Non empregar lixivia.
Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).
Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Lava este produto antes de usalo por primeira vez.
- Recomendado para nenos a partir de 12 meses.

- 305.885.84
1 × GULDVÄVARE
Roupa de berce de 3 pezas- Ancho: 21 cm
- Alto: 9 cm
- Longo: 28 cm
- Peso: 1.00 kg
Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Roupa para durmir como unha pedra
A primeira etapa dun bebé xira arredor da hora de durmir. Pode parecer que o teu bebé nunca dorme na hora que lle corresponde. Pero sabes que? Non pasa nada. Todos os bebés teñen as súas necesidades e peculiaridades. Todo consiste en afacerse, mostrarse abertos ós cambios e crear as mellores condicións para botaren unha soneca.
"Como pai ou nai recente, sei o fácil que é preocuparse polas horas de sono, ou a falta del. É algo completamente normal. Tamén é normal as crianzas teren diferentes necesidades e que estas cambien", di Anna Edlundh. Ela foi parte do equipo que creou os nórdicos e sabas GULDVÄVARE en algodón 100% orgánico con certificación GOTS, entre outros produtos, peluches e babadeiros.
Unha cama acolledora é o mellor comezo
Coñece as rutinas do teu bebé
Outros trucos que poden servir de axuda son regular a intensidade da luz e reducir a temperatura do dormitorio. "Tamén é bo coñecer as rutinas do teu bebé cando chega a hora de durmir. Pode tratarse dun baño antes de ir á cama ou escoitar unha canción especial que o teu bebé recoñeza". E pode que chegue o momento de a rutina deixar de funcionar, iso é normal. Nese momento hai que mostrarse abertos e axustala un pouco. "Aínda que a forma de descansar cambie, do que podes estar seguro é que o teu bebé descansa todo o que necesita. Pero non esqueza que mesmo os pais necesitan descansar e durmir de vez en cando".




