GRILLSKÄR Cociña exterior
Como conseguilo
Reúne a familia e os amigos para cociñar xuntos ao aire libre. GRILLSKÄR permíteche crear facilmente unha cociña de exteriores cunha chea de opcións de cocción. O menú inclúe aire fresco, sol e cousas ben ricas.
Detalles do produto
Asas termoillantes de aceiro inoxidable.
Ten un termómetro integrado na tapa para comprobares a temperatura de cocción sen ter que abrila.
A grella está feita de aceiro inoxidable de gran calidade, o que fai que sexa máis duradeira.
A superficie da unidade do vertedoiro está feita de aceiro inoxidable, un material hixiénico, resistente ao desgaste e ao óxido e duradeiro que é doado de limpar.
Se queres auga corrente no exterior, só tes que conectar a unidade do vertedoiro a unha mangueira de xardín.
Nos estantes hai moito espazo para pratos, vasos, utensilios, aceite e outras cousas que poidas necesitar durante a grellada.
O estante móbil é de aceiro e ten unha superficie resistente con revestimento de aceiro en po fácil de limpar.
Esta illa de cociña dáche espazo de almacenaxe adicional e unha superficie de traballo estupenda onde poderás preparar a comida antes de botala ao lume.
A grellada de gas GRILLSKÄR ten catro fogóns cun control independente de temperatura que che ofrecen unha chea de opcións de cocción.
Podes regular facilmente a calor dos fogóns de aceiro inoxidable segundo o que esteas a cociñar.
A ampla zona de cocción (68x49 cm) permíteche preparar comida en cantidade para toda a familia.
Información técnica
KALLSJÖN
Billa, cromado
Número de artigo304.753.89Nome de marca | IKEA |
Velocidade máxima de fluxo a 3 bar | 5,7 l/min |
Consumo anual de enerxía | 448 kWh/p.a. |
Presión do servizo recomendada | 1 - 5 bar (0,1 - 0,5 MPa) (14,5 - 72,5 psi) |
Presión do servizo mínima | 0,5 bar (0,05MPa) (7,25 psi) |
Presión estática máxima | 10 bar (1,0MPa) (145,0 psi) |
Grosor máximo do mesado | 50 mm (2") |
Medida do buraco para a montaxe | 23-37 mm (7/8-1 7/16") |
Boca xiratoria | |
Temperatura da auga fría recomendada | 10-15˚C (50-59˚F) |
Temperatura máx. da auga quente | 80˚C (176˚F) |
Certificación de terceiros segundo os estándares locais | KIWA, ACS, BELGAQUA, PZH, SINTEF, STF, ETA-Danmark |
Medicións
- lonxitude: 292 cm
- Ancho: 147 cm
- Altura: 120 cm