Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.
Como conseguilo
Recoller 3 puntos con
- Algodón
- Número de fíos: 152 /inch²
- Número de fíos: 60 /cm²
O seu deseño non é só unha festa de cores nun dormitorio infantil, é tamén e elemento de deseño único para o teu cuarto. O algodón orgánico con certificación GOTS é suave, refrescante e agradable ao tacto coa pel.

O simpático deseño de insecto é un complemento divertido para calquera estancia.
Os artigos son axeitados tanto para cativos como para adultos novos en espírito.
Feita de algodón 100 %, un material natural moi agradable ao tacto que gaña suavidade con cada lavado. Non contén substancias, ftalatos, nin produtos químicos daniños para a pel ou a saúde dos pequenos.
O algodón é un material natural suave que require poucos coidados e que se pode lavar á máquina.

Opinións dos clientes
Accesorios para GREJSIMOJS
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Converte o teu fogar no paraíso do xogo
Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.
"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.
Misión: facer sorrir ás persoas
3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!
Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.










