Malia basearse firmemente na ciencia do xogo, o proceso de deseño foi tan divertido como os propios produtos. O que se pediu foi que cada deseñador comezase unha actividade cotiá perdendo a noción do tempo e divertíndose sen máis, ademais de crear obxectos que fagan sorrir ás persoas. "Para min, as bromas son un xeito de ver a vida que potencia a creatividade e me fai crer que todo é posible. Nunca deixarei que a miña nena interior madure", afirma Marta Krupinska, unha das deseñadoras detrás desta colección.
GREJSIMOJS Bloques construción xoguet 20 pezas
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Podes cambiar de opinión
GREJSIMOJS
606.020.36Con estes bloques, ti e mailo teu fillo ou filla poderedes crear unha chea de figuras divertidas e creativas. Un xeito estupendo de explorar as formas, os tamaños, o equilibrio e aprender como encaixan as cousas.

Mantemento
Secar cun pano seco.
Cando os cativos experimentan con diferentes combinacións de formas, desenvolven o sentido do deseño e da estética. Ao remataren, terás unha ou varias figuriñas que poden facer unhas decoracións divertidas.
Coa colección GREJSIMOJS queremos fomentar as ganas de divertirse e pasar tempo xuntos. Os produtos sacan a relucir a xovialidade en todas as persoas, de todas as idades, no fogar e en situacións cotiás.
Monika Mulder
Inclúe: 5 cabezais, 3 pezas pequenas, 2 pezas longas, 4 patas curtas, 4 patas medianas e 2 patas longas.
Crea combinacións aínda máis creativas mercando dous xogos ou máis.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Mantemento
Secar cun pano seco.
- Recomendado a partir dos 18 meses.Este produto leva marcado CE.

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Converte o teu fogar no paraíso do xogo
Que pasa cando un grupo de deseñadores se xuntan para mergullarse no mundo do xogo e das bromas? O primeiro, que se divirten coma cativos. O segundo, que crean unha colección de fundas de cadeira con pelo fantásticas, ratos con altofalantes, pufs con dentes e moito máis, todo pensado para fomentar o xogo na casa cada día.
"Cada vez máis pais se decatan da importancia do xogo para a felicidade e benestar dos seus fillos e queren xogar máis con eles. A colección GREJSIMOJS pretende dar resposta a este feito", afirma a líder en desenvolvemento Karin Blindh Pedersen.
Misión: facer sorrir ás persoas
3, 116 ou algo polo medio? Estupendo!
Os produtos da colección GREJSIMOJS tocan todas as posibilidades, xa que van de coloridos a atrevidos e de elegantes a neutros. Ao combinaren diversión e funcionalidade, facilitan o xogo. Dá igual se vos perdedes nel ou se preferides ocultar a diversión diante dos ollos. E non só inspiran o xogo en todo o fogar, senón que inspiran a todas as persoas a liberar a súa parte graciosa. Cantos anos tes, 3, 116 ou algo polo medio? GREJSIMOJS é para ti.







