- Apto para microondas
- Apto para lavalouza
A superficie esmaltada en cores retro, inspiradas na natureza nórdica, converte cada comida nunha festa. Decora a túa mesa con formas clásicas e elegantes con forte influencia artesá. Un sentimento atemporal cun deseño decorativo e único.
Detalles do produto
Perfecto como centro de mesa ou para combinalo con outros artigos da serie GLADELIG e creares un servizo de mesa conxuntado, tanto para o día a día como para as ocasións especiais.
O gres ten un acabado esmaltado reactivo que lle dá a cada peza unha aparencia artesá única.
Mikael Axelsson
Medicións
- Altura: 7 cm
- diámetro: 30 cm
Opinións dos clientes
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"A louza GLADELIG está feita con revestimento vitrificado, que lle dá á superficie unha expresión máis intensa e artesá. Esforzámonos moito para atopar as proporcións e curvas adecuadas para crear formas harmoniosas. A idea é crear pratos que se adapten a moitas comidas e ocasións distintas, desde ceas diante do televisor ata almorzos de fin de semana. Un dos favoritos é o de tamaño mediano con bordos máis altos, que combina ben tradición e modernidade".