FÖLJSAM Fonte de forno, vidro incoloro, 24.5x24.5 cm
Como conseguilo
Podes cambiar de opinión
Esta fonte de forno de cristal cadrada é fonda abondo para cociñar unha saborosa lasaña e o bastante grande como para gardar unha morea de albóndegas conxeladas. Usa o forno para preparar ou quentar a comida e leva a bandexa directamente á mesa.

Fonte fonda e de cristal transparente que podes sacar directamente do forno e poñer na mesa.
Con dúas asas para que poidas collela sen problema. Iso si, non esquezas poñer sempre unhas luvas térmicas.
IKEA of Sweden

Opinións dos clientes
Accesorios para FÖLJSAM
Produtos relacionados
Recomendado para ti
Material
Un vidro moi resistente
O vidro de borosilicato é máis resistente có vidro corrente. Soporta perfectamente os golpes e riscos, así como os choques térmicos. Por iso podes meter no forno o prato que acabas de quitar do conxelador e viceversa. De romper, faríao en anacos grandes para unha maior seguridade. É un tipo de vidro moi resistente.



