Se cadra, crear unha mesa para exteriores, pequena e funcional, non pareza nada especialmente complicado. Un taboleiro e catro patas e xa está, non si? "Pois si, pero o do prezo é o de menos, máis importante aínda é non comprometer a calidade. A mesa tiña que ser estable e sólida". Anders e o equipo decidiron usar láminas de metal e calcularon como podían utilizalas sen encarecer o prezo. Finalmente chegou o momento de completar o deseño e aí foi onde se agochaba o problema. "Pensamos que as patas en forma de X eran a solución", di. Tiñamos un produto robusto e económico, o problema era a embalaxe, xa que requiría paquetes demasiado grandes que encarecían os custos. "Foi unha decepción e decidimos aparcar o proxecto un tempo para darlle outra volta. Porén, nese momento chegou unha enxeñeira do equipo cunha idea".
Ao ser de aceiro con revestimento en po, a mesa é duradeira e apenas require mantemento.
Os materiais deste moble de exteriores só requiren un mantemento mínimo.
IKEA of Sweden

Opinións dos clientes
Accesorios para FEJAN
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
Dividimos as patas para reducir os gastos
Non é especialmente complicado crear un produto cando o prezo é o de menos. Porén, empezar polo prezo e seguir co material e o deseño é outro cantar. Isto require pensar máis alá e foi o que fixo precisamente o equipo que hai detrás de FEJAN cando se lanzaron a crear unha mesa pequena para espazos exteriores compactos orientada a clientes que lles gusta saber canto e en que gastan.
"Partimos sempre da base de crear solucións económicas, aínda que, neste caso, empezar a facer un produto polo prezo representa un desafío especial. É un proceso moi esixente e, no caso de FEJAN estivemos a piques de baixar os brazos", di o deseñador Anders Adler.
Prezos baixos que non afectan á calidade
Patas pola metade para reducir custos
Ás veces un descanso é o único que necesitamos. Deulle a oportunidade a Anders e ao equipo de analizar o problema por partes. E cando o fixeron deron coa solución. "Decatámonos de que podiamos dividir as patas e que despois os nosos clientes poderían montalas de novo xunto co resto da mesa. Desta maneira os paquetes son máis pequenos, o que permite aforrar gastos de transporte, xa que podemos transportar máis unidades en cada pallet. "É un orgullo que FEJAN teña un prezo equiparable á súa pequena embalaxe. É unha mesa para todas as persoas que buscan crear un espazo de sosego no balcón ou na terraza sen deixar todos os cartos en mobles".







