Ter o monitor á altura axeitada axuda a aliviar tensións no pescozo e os ombreiros. Este soporte para monitor con almacenaxe é perfecto para traballar, estudar e crear, e axudará a manter o escritorio en orde.
Detalles do produto
Ter o monitor á altura axeitada axuda a aliviar tensións no pescozo e os ombreiros. Unha solución práctica, sinxela e ergonómica.
Ocupa pouco espazo no escritorio e ofrece almacenaxe práctica para manter o espazo de traballo ordenado.
Unha boa almacenaxe no caixón e compartimentos para cousas como bolígrafos, cadernos e memorias USB que queiras ter organizadas e á man no escritorio.
Este soporte para monitor combina un deseño puído e sinxelo con bambú, un material natural que suaviza o seu estilo e lle achega calor.
O bambú é un material duradeiro con aspecto cálido que crea un bonito contraste coa estrutura branca de aluminio.
O espazo que queda debaixo do caixón de bambú é perfecto para gardar o teclado.
O orificio da parte posterior permíteche ter os cables organizados de xeito que o escritorio non pareza tan desordenado. Ideal para unha oficina de planta aberta e para a casa.
Francis Cayouette
Información útil
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Soporte:
- NOTRANS, NOTRANS
- Caixón:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
Limpar cun pano húmido.
Medicións
- Ancho: 47 cm
- fondo: 26 cm
- Altura: 10 cm
- Ancho de caixón (int): 45 cm
- Fondo de caixón (int): 24 cm
- Peso máximo: 20 kg
Embalaxe
ELLOVEN
Número de artigo504.747.70- Ancho: 26 cm
- Alto: 11 cm
- Longo: 49 cm
- Peso: 2.74 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
Material
Que é o aceiro?
O aceiro ten unhas peculiaridades únicas, xa que conserva a súa dureza aínda cando se traballa e dá forma. Mellora a resistencia de calquera cousa, desde rañaceos ata coches, pasando por estruturas de cama e mobles de xardín. Este sector está buscando a maneira de producir aceiro máis forte e dunha maneira máis eficiente. Hoxe, o aceiro é un dos materiais máis reciclados do mundo, sen que o proceso de reciclaxe implique que perda as súas propiedades.
Funcionalidade
Un impulso para ti e o teu monitor
Co soporte para monitor ELLOVEN, podes elevar o teu monitor a unha altura ergonómicamente cómoda para reducir a tensión no pescozo e os ombreiros. Tamén gozarás dun almacenamento intelixente e sen estrés. No caixón hai espazo para bolígrafos, blocs de notas, memorias USB e outras cousas pequenas que necesites ter a man. Debaixo do caixón hai un espazo onde podes deslizar o teclado cando non o esteas utilizando. O bambú natural engade un toque suave e cálido á súa elegante expresión.
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Após visitar distintos lugares de traballo, descubrín moitas persoas a crearen solucións improvisadas onde colocar os seus monitores a unha altura cómoda. Semellante problema requiría unha solución urxente. Así naceu ELLOVEN, un soporte para o monitor con espazo para o teclado e para os obxectos persoais que sempre queres ter á man. Inclúe un espazo específico por onde pasar os cables e unha estrutura de metal e bambú que transmite elegancia e sobriedade".









