DJUNGELSKOG Peluche, mini/elefante, 12 cm
Como conseguilo
Podes cambiar de opinión
Hai algo mellor que un elefante suave e agarimoso, que sempre estea aí e nunca se canse dos abrazos, os xogos e as travesuras? Está feito de poliéster reciclado e forma parte da colección DJUNGELSKOG.
- Lavable á máquina

Sabías que o elefante é o animal terrestre máis grande do mundo? Este non é especialmente grande, pero si o suficiente para enchelo de abrazos.
Produto feito a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.
A hora do xogo é máis divertida cando te acompaña o teu amiguiño. Por iso o tamaño do peluche é perfecto para o levaren consigo na mochila. Así sempre o terán de man.
A todos os peluches gústalles abrazar, consolar, xogar e escoitar. Ademais, son de total confianza, pois pasaron probas de seguridade.

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti
Funcionalidade
Peluches para abrazar unha e outra vez
Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.
Calidade
Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida
Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.







