Saltar

DIRIGERA Plataforma produtos conectados, branco intelixente

59,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Compatible con IKEA Home smart

Se tiveres máis de un produto intelixente de IKEA, o hub DIRIGERA, xunto coa aplicación IKEA Home smart, daralle moitos beneficios ó teu fogar intelixente. A vida é máis sinxela se tes un fogar con solucións intelixentes.

Número de artigo105.034.06

Detalles do produto

O hub DIRIGERA é o centro dun fogar intelixente, xa que che permite conectar e controlar os produtos intelixentes desde a aplicación IKEA Home smart.

Imaxina poder acordar, regular a intensidade das luces, levantar as persianas e escoitar música, todo sen erguerte da cama e sen cables polo medio.

Aínda que esteas fóra da casa, a aplicación IKEA Home smart permíteche ter o teu fogar baixo control e, por exemplo, comprobar que a cafeteira está apagada ou acender e apagar as luces.

Todos os nosos produtos intelixentes funcionan de xeito independente. Se os engades ó hub, poderás controlalos doutras maneiras e personalizar o teu fogar. Ademais obterás máis funcións se combinas dous ou máis produtos.

O teu fogar intelixente pódese controlar de varias formas: coa aplicación IKEA Home smart, mandos a distancia, botóns de acceso directo, por voz ou movemento. Podes controlar produtos individuais, grupos, estancias ou todo á vez.

Deches coa combinación perfecta de música e luz? Gárdaa como "Escena" na aplicación. Ó crear as túas propias escenas, conseguirás o ambiente perfecto cun só clic.

Podes programar a activación de escenas ou facelo manualmente cun botón de acceso directo ou a aplicación. Por exemplo, cando queiras apagar todas as luces e outros produtos intelixentes cun só toque cando saias de casa pola mañá.

O hub DIRIGERA é unha ponte con Matter, isto significa que os produtos intelixentes conectados ao hub DIRIGERA son compatibles con calquera plataforma doméstica intelixente que utilice o estándar Matter.

Actualizamos decontino a aplicación IKEA Home smart con novas funcións, deste xeito poderás gozar do teu fogar intelixente de maneira máis divertida e práctica.

Deseñador

IKEA of Sweden

Número de artigo105.034.06

Información útil

O receptor DIRIGERA necesita unha conexión wifi e conéctase ao router mediante o cable que se inclúe.

Antes de utilizar o receptor, descarga a aplicación IKEA Home smart, onde recibirás indicacións de uso paso a paso.

Podes utilizar varios dispositivos móbiles ou tabletas para controlar os produtos intelixentes que teñas na casa, para iso descarga a aplicación en cada un deles.

Coa aplicación IKEA Home smart podes conectarte a Amazon Alexa, Apple Home ou Google Home e utilizar os asistentes de voz que integran.

Este produto pertence á nosa gama de produtos intelixentes para a casa. Conéctao, acompañado doutros produtos, ó hub DIRIGERA e á aplicación IKEA Home smart para conseguir máis funcións que podes controlar desde calquera lugar, non só desde a casa.

A aplicación IKEA Home smart está dispoñible na App Store (iOS 16,4 ou posterior) e en Google Play (Android 10 ou posterior).

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Material

NOTRANS

Mantemento

Secar cun pano seco.

Medicións

  • Altura: 27 mm
  • diámetro: 112 mm
  • lonxitude do cable: 1.80 m

Embalaxe

DIRIGERA

Número de artigo105.034.06
  • Ancho: 16 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 17 cm
  • Peso: 0.38 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

3.7Valoración media
492Opinións
Persoa que ten un teléfono intelixente coa aplicación IKEA Smart Home. O teléfono intelixente coa aplicación IKEA Home mostrada.

Conecta e crea maxia

Seguro que máis dunha vez, estando fóra da casa, te preguntaches "seguro que apaguei o ferro de pasar?", ou "que ben me viña chegar á casa a estas horas e ter as luces acesas". Con DIRIGERA, o noso receptor para produtos intelixentes, poderás conectar e controlalo todo, desde ferros de pasa e lámpadas ata purificadores de aire e altofalantes.

"Pero a verdadeira maxia aparece ao combinar distintos produtos ao que chamamos Escenario. Porque as prestacións son únicas", di Rebecca Töreman, que leva anos traballando con produtos intelixentes de IKEA. Agora levántase polas mañás con moita máis calma, grazas á rutina que creou para ela mesma na app. "Antes mesmo de erguerme, os estores levántanse, as luces da cama ilumínanse lixeiramente e os altofalantes reproducen música suave. O respirador de aire fixo o seu traballo pola noite e pasa do modo nocturno ó modo automático. Non hai mellor maneira de comezar o día".

Para un día a día máis intelixente

Ademais da nosa cada vez maior gama de produtos intelixentes, podes engadir outros dispositivos eléctricos a DIRIGERA mediante un enchufe sen fíos. Colócao entre a toma de parede e, por exemplo, a cafeteira ou o ferro de pasar, para que pase a ser parte do teu fogar intelixente. "Con DIRIGERA o que quixemos era crear un sistema fácil de instalar e usar. Levamos máis de 75 anos a facilitar a vida nos fogares, agora utilizamos a tecnoloxía para dar un paso máis".

Melloras continuas

Cando mercamos un moble ou outro produto en IKEA, esperamos que estea acabado e non lle falte nada. Mais o certo é que podemos dicir que DIRIGERA mellora co tempo, sen que esas melloras che custen nada. "Actualizamos constantemente a app e creamos novos produtos e prestacións para conectares ó teu fogar intelixente e vivires unha vida na casa chea de sorpresas".

Máis información

Funcionalidade

O corazón dunha casa intelixente

Grazas a DIRIGERA, o noso receptor para produtos intelixentes, poderás conectar e controlar facilmente todo o que queiras, desde lámpadas ata altofalante e purificadores de aire, directamente desde unha aplicación no teu teléfono. É moi práctico, aínda que o mellor de todo é cando combinas diferentes produtos nunha escena predefinida. Desta maneira podes crear as túas propias rutinas, quer para unha cea perfecta, quer para relaxarte pola noite ou despertarte con música tranquila.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.