Unha cadeira sinxela e elegante que acompaña os teus movementos e coa que te sentirás parte da partida. Pódela inclinar para adiante ou para atrás, balanceala de lado a lado ou abalala para á fronte e atrás.
Detalles do produto
Esta cadeira acompañará os teus movementos durante as partidas, que a partir de agora serán máis emocionantes porque sentirás que es parte do xogo.
A malla do respaldo facilita a circulación do aire, ideal cando as partidas soben de intensidade.
Despois dunha intensa sesión de videoxogos, podes abalar suavemente a cadeira adiante e atrás para relaxarte.
Acompañarate durante as partidas máis intensas, xa que está feita de aceiro carbono e malla, é moi resistente e conservará a forma durante moito tempo.
Cun deseño simple, elegante e vistoso, esta é a compañeira que necesitas para desfrutar aínda máis das túas partidas.
A cadeira ten un respaldo que permite apoiar os cadrís comodamente.
A cadeira é lixeira e fácil de mover, ideal para botar unha partida cando tes visita.
David Wahl
Medicións
- Ancho: 81 cm
- fondo: 85 cm
- Altura: 81 cm
- anchura do asento: 62 cm
- Fondo do asento: 54 cm
- altura do asento: 41 cm
Opinións dos clientes

Preparados para botar unha partida e para todo o que a maiores veña
Na actualidade, botar unha partida aos videoxogos ofrece moitas posibilidades: podes xogar nunha plataforma, só ou en compañía e en case calquera estancia da casa. Con BRÄNNBOLL queriamos crear unha colección de mobles e accesorios que se adaptase ao mundo gaming de hoxe, pero cun toque caseiro.
Philip Dilé, desenvolvedor de produtos, encargouse de estudar as novas necesidades dos gamers. As súas conclusións foron que estes produtos debían satisfacer as necesidades do mundo gamer e mellorar a experiencia, pero tamén debían ser aproveitables de máis maneiras cando non se estivesen a usar para a súa finalidade orixinal. Especialmente cando gamers e non gamers viven xuntos e os espazos non son precisamente amplos. "Por iso é tan importante a posibilidade de cambiar de actividade facilmente. Todo se reduce a dúas cousas: deseño e prestacións", di Philip. "As pezas flexibles e móbiles son unha parte importantísima, como importante é o aspecto tamén".
Non todo ten que ser negro
O noso equipo de deseño púxose mans á obra. Unha das integrantes, Marta Kuprińska, deixouse levar pola súa intuición. E que viu? Cores. "Quería algo atrevido. No caso da poltrona, mesmo quería ser un chisco rebelde. Cando o prototipo gris chegou da fábrica, ás caladas púxenlle unha funda azul claro e deixeina no departamento de deseño. Cando a viron, o resto do equipo sentiuse entusiasmado". "Pero se non che vai moito o azul, que saibas que tamén está dispoñible en gris escuro", di Marta rindo.
Todo o que necesitas
A colección BRÄNBOLL está pensada para satisfacer distintas situacións domésticas. A idea non pasa por acumular cousas e cousas. A idea é encontrar o equilibrio exacto. "Como no caso da poltrona. Pódela usar como usarías unha poltrona calquera, ou para botar unha partida tranquilamente. Ademais, esta inclúe rodas, polo que a podes levar contigo onde queiras", di Marta. Non é necesario ser un gamer para adorar e utilizar estes produtos. O certo é que non sabemos quen os usará, nin como. "E iso é o mellor. Encántame cando a xente utiliza os nosos produtos de maneiras insospeitadas".
A idea tras o produto
A idea tras o produto
"Inspireime na forma na que as persoas se moven cando xogan aos videoxogos. Sobre todo cando xogan a xogos de carreiras e seguen as curvas do circuíto. Así que decidín crear unha cadeira que se movese ao ritmo do xogador. O resultado é a cadeira de brazos BRÄNNBOLL, no que o asento se move para adiante, atrás e aos lados. Fúndete coa cadeira de brazos para a experiencia de xogo ser aínda máis realista e divertida".