Pero que ten o mar para atraer e fascinar a tantas nenas e nenos de todo o mundo? Mesmo a nenas que viven a centos de quilómetros da costa... "O mar e os seus habitantes sempre foron parte dos mitos e historias que nos contaron", di Barbie. "É un mundo debaixo da superficie, algo misterioso e que desperta a imaxinación".
BLÅVINGAD Coxín, forma de coral/turquesa
Como conseguilo
Recoller 1 puntos con
Un brillante coxín para os e as amantes do mar. Está feito de poliéster 100% reciclado e ten un recheo suave tamén de poliéster reciclado de plástico recollido nas zonas de costa.
Un coxín suave e agradable, ideal para os máis pequenos. Este produto pasou as probas de seguridade pertinentes.
Produto feito a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.
O recheo de poliéster non se deforma e proporciónalle unha suxeición cómoda e agradable ao corpo do teu fillo.
O recheo deste produto contén poliéster reciclado procedente do plástico recollido a 50 km en mar aberto, o que permite reducir a contaminación das augas.

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Mergúllate nun mundo de marabillas
Delfíns surfeiros, curiosas tartarugas e divertidos polbos. As profundidades do mar son como un mundo encantado que dispara a imaxinación. Foi precisamente o mar o que nos serviu de inspiración para crear a colección BLÅVINGAD. Mentres traballabamos no proxecto decatámonos de que eran moitas as nenas e os nenos os que se interesaban polos mares e os seus habitantes.
"As nenas e os nenos están concienciados e ben informados sobre o problema da contaminación dos mares e como isto afecta os animais que neles viven. Queren facer algo ao respecto e queren que nós, os adultos, tamén o fagamos", di a psicóloga infantil Dr. Barbie Clarke. Ela participa con frecuencia en "Kid's Advisory Panel", onde preguntamos a opinión dos máis pequenos sobre distintos temas.
Misterios debaixo da superficie
Descubrir o mundo
As historias, os xogos e as películas sobre a vida nas profundidades do mar danlles acceso a un mundo completamente distinto ó seu. "As nenas e nenos entre 3 e 6 anos son os que máis imaxinación teñen e cando medran o que queren é aprender e comprender todo o que rodea o mar", di Barbie. Barbie engade que cando os nenos son absorbidos por algo, isto pasa a ser máis ca un xogo, esquecen as súas preocupacións e comezan a explorar o mundo e ampliar os seus horizontes, a modo de balea azul xigante que sae a explorar o mar.










