Saltar

BERGMUND Estrutura de cadeira, branco

69€
Para evitar riscadas en superficie sensibles, completar con protectores autoadhesivos para o chan TRIXIG, véndense por separado. É necesario un desaparafusador de cabezas intercambiables para montar esta cadeira, que se vende por separado como parte do xogo de ferramentas TRIXIG de 15 pezas.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
BERGMUND
404.519.05

Podes sentar con comodidade durante moito tempo. O ángulo do respaldo ofrece un bo soporte lumbar. O ángulo do respaldo, combinado co asento tapizado, fai que a cadeira sexa perfecta para ceas longas.

Características do produto
  • Probado para: 110 kg
Máis información
BERGMUND Estrutura de cadeira, branco

Opinións dos clientes

4.4Recensión: 4.4 de 5 estrelas. Revisións totais: 16Valoración media
16Opinións
4.4Recensión: 4.4 de 5 estrelas. Revisións totais: 16Valoración media
16Opinións

Accesorios para BERGMUND

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Sobremesas máis cómodas

A cadeira BERGMUND foi creada para gozardes das sobremesas con máis sosego, sen dores nin cambras nas pernas nin costas. Para crear este produto estudamos o corpo humano, o que nos levou a desenvolver unha técnica nova para conseguir un asento realmente cómodo.

Sentar é practicamente o contrario de estar en movemento, mais o certo é que aquí entran en xogo desde ósos e músculos, ata tendóns, cartilaxe e articulacións. "Para ficar sentada ou sentado durante máis tempo é importante que o corpo descanse e estea ben apoiado, no punto exacto", explica o deseñador de materiais Anders Bergner.

Coxas, traseiro e cadrís

Con BERGMUND, Anders e o seu equipo estudaron como podían mellorar a forma do asento e encontrar o ángulo óptimo entre asento e respaldo. Este proceso deu como resultado varios descubrimentos interesantes sobre o corpo humano, por exemplo, que os ósos do traseiro, os cadrís e as coxas son realmente moi similares independentemente da persoa. "É verdade, tanto ten que a persoa mida 1,85 ou que sexa moito máis baixa. Por iso, á parte inferior do asento en formato cuncha démoslle unha forma que se adapta a 99% da poboación mundial".

A innovación abre camiño a máis confort

O poliéster no acolchamento do asento e do respaldo está composto de pequenas fibras verticais que ofrecen unha mellor elasticidade en comparación con aqueloutras fibras que están máis enmarañadas. Anders e o seu equipo deseñaron unha técnica innovadora para mellorar a comodidade do asento e, para conseguilo, déronlle forma ao seu acolchamento. "É algo así como facer un gofre. Introducimos as fibras de poliéster nunha ferramenta especial que as aperta e lles dá a forma correcta. Após varios anos de traballo, Anders ten a esperanza de que con BERGMUND as persoas se sintan máis cómodas e celebren máis momentos de ledicia xuntos. "Canto máis cómodas e relaxadas estean todas as persoas ao redor da mesa, mellor o pasarán".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de