Saltar
Máis de Serie BÅTSKÄR

BÅTSKÄR Unidade adicional con andeis, exterior/gris escuro, 120x70 cm

70€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles

Podes cambiar de opinión

Os nosos produtos inclúen unha política de devolución de 365 días*. Máis información
BÅTSKÄR
705.533.99

Crea a cociña de exterior dos teus soños! Con BÅTSKÄR é como se cociñases na túa cociña de casa, pero ó aire libre grazas á súa almacenaxe pechada, gonzos de peche suave e un deseño elegante. Convida a familiares e amizades a comer ó aire libre.

Máis información
Pequena e verde configuración de cociña ao aire libre BÅTSKÄR con estantes e grella de gas. Perfecto para cociñar e almacenar nun espazo exterior ordenado e organizado.

Opinións dos clientes

5Recensión: 5 de 5 estrelas. Revisións totais: 7Valoración media
7Opinións
5Recensión: 5 de 5 estrelas. Revisións totais: 7Valoración media
7Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Pequena e verde configuración de cociña ao aire libre BÅTSKÄR con estantes e grella de gas. Perfecto para cociñar e almacenar nun espazo exterior ordenado e organizado.

Leva fóra a cociña dos teus soños

Na cociña BÅTSKÄR poderás lavar, picar, fritir, grellar e remexer ó aire libre en compañía das túas convidadas e convidados. Claro, se se pon a chover terás que volver para dentro, pero a cociña non se resentirá. Xa nos preocupamos nós de que poida resistir a auga, o sol e o vento.

"É moita a xente que descubriu o agradable que resulta cociñar ó aire libre, aínda que, por outra parte, na súa opinión é difícil dar cunha solución práctica, resistente e bonita para exteriores. E con BÅTSKÄR quixemos solucionar esa cuestión", di Gunilla Hansson, deseñadora de produtos.

Todo o que necesitas dunha cociña

IKEA leva décadas deseñando cociñas e, agora, coa familia BÅTSKÄR levamos toda a nosa experiencia e coñecementos fóra, ó aire libre. Ofrece exactamente o mesmo ca unha cociña de interiores: é ampla, manexable, hixiénica, ten espazo abondo para todo e inclúe portas de peche retardado. Porén, é máis flexible e está totalmente adaptada ós espazos abertos. "BÅTSKÄR parece feita á medida, mais non te preocupes, non terás que contratar a ninguén para que cha instale. Ademais de que poderás poñerlle e quitarlle partes cando o necesites. Ou levar a cociña contigo se te mudas".

Un lugar para xuntarse

Para Gunilla e o resto do equipo foi importante levar o aspecto estético fóra. BÅTSKÄR ofrece liñas marcadas, un acabado cincento mate e asas e tiradores especialmente deseñados. "Non só queriamos ofrecer unha experiencia práctica e cómoda. A maiores, queriamos crear un lugar acolledor, con espazo para que toda a familia se puidese xuntar e desfrutar de novos sabores". Ademais, o aire libre, estar no xardín, axuda a relaxarnos e sentirnos máis en liberdade. E desa maneira, cociñar torna nunha tarefa máis pracenteira, mesmo os luns pola noite.

Máis información

Material

Que é o aceiro inoxidable?

O aceiro inoxidable é utilizado tanto en estruturas de edificios e coches, como tamén en vertedoiros e coitelos. É comprensible que teña tantas utilidades. O aceiro inoxidable é un material resistente e duradeiro, cunha excelente resistencia á corrosión, é dicir, ao óxido. Adoita conter baixas cantidades de níquel e en IKEA xeralmente empregamos aceiro inoxidable sen níquel. Como pasa con outros metais, é un material que se pode reciclar unha e outra vez para convertelo en produtos novos, sen que isto afecte as súas propiedades.

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Serie BÅTSKÄR

Accesorios para BÅTSKÄR