ÄSPINGE Cociña pequena, negro/freixo, 120x60x202 cm
Como conseguilo
10 ano de garantía
As minicociñas ÄSPINGE ofrecen moitas opcións de almacenamento en distintos materiais para crear solucións pequenas con moita personalidade. Escolle o teu electrodoméstico TILLREDA e ponte a cociñar!
Detalles do produto
Esta pequena cociña é sinxela e fácil de entender, polo que poderás mercala pola mañá e ser quen de preparar un banquete para os amigos no fin dese mesmo día.
As minicociñas ÄSPINGE ofrecen almacenamento aberto e fechado cun acabado laminado con efecto freixo e metal negro nun estilo con moita personalidade.
Os 2 estantes colgantes abertos pódense colocar á esquerda, á dereita ou no centro, e son perfectos para expor os teus obxectos favoritos.
O panel antisalpicaduras ten un estante pouco profundo onde podes pór á vista todos os teus cachifallos máis prezados ou gardar especias, herbas aromáticas, aceite e vinagre para telos á man mentres cociñas.
A porta metálica negra do armario inclúe un compartimento de almacenaxe axustable que se pode utilizar para gardar obxectos planos, como tapas ou táboas. Esta porta colócase sempre no lado esquerdo da cociña.
A porta de efecto freixo combina cos estantes de parede colgantes e os caixóns do mesmo material. Sempre se coloca no lado dereito, debaixo do vertedoiro.
Tres compartimentos con caixóns con feltro por debaixo para unha apertura e peche suaves. Os topes dos caixóns evitan que os caixóns caian. Organizadores móbiles para xogos de cubertos e utensilios en dous dos compartimentos.
Coloca os ganchos dentro das portas do armario; tamén podes colocalos dentro ou fóra da estrutura de cociña. Personalízaos colgando toallas, utensilios e outros obxectos de diferentes formas, materiais e cores.
Grazas ás patas axustables, o armario mantén a estabilidade mesmo en chans irregulares.
Vertedoiro e mesado de aceiro inoxidable, un material hixiénico, resistente e duradeiro que ademais é doado de limpar.
O taboleiro inclúe buratos específicos para 1 pía FYNDIG de 46x40, 1 billa monomando LAGAN e un sifón LILLVIKEN. Produtos incluídos.
Para liberar espazo no mesado ou recoller despois de comer, garda a placa portátil TILLREDA dentro do armario metálico ou cólgaa en ganchos. O microondas TILLREDA tamén cabe dentro do armario. Os electrodomésticos véndense á parte.
Pódese completar coa solución para clasificación de residuos HÅLLBAR. Coa clasificación de residuos debaixo do vertedoiro, podes reducir os derrames nos viaxes ao caldeiro do lixo.
10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.
Información útil
Inclúe: estrutura de cociña, andeis colgantes, protector contra salpicaduras con andel, mesado, portas, caixóns, 2 bandexas de cubertos, 12 ganchos, 2 asas, patas, bisagras e accesorios.
Tamén se inclúen a pía FYNDIG, a billa monomando LAGAN se o separador de auga LILLVIKEN.
Inclúe unha ferramenta que facilita a instalación do mesturador.
Podes complementar coa placa portátil TILLREDA, o frigorífico LAGAN ou TILLREDA, o forno microondas TILLREDA, os separadores de lixo HÅLLBAR e os organizadores VARIERA/UPPDATERA. Véndense por separado.
Para usar só con aparellos independentes.
Non se necesitan pomos nin asas nos caixóns.
10 anos de garantía. Infórmate máis no folleto de garantía.
Están dispoñíbeis pezas de recambio para prolongar a duración do produto. Para máis información, contacta co servizo de Atención ao Cliente da túa tenda ou entra en www.IKEA.com
Diferentes tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Emprega as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes (non se inclúen).
A instalación debe realizarse de acordo coas normas locais en vigor de construción e fontanería. Se tes dúbidas sobre a instalación, ponte en contacto cun profesional.
Pode combinarse con accesorios para vertedoiro que permiten aproveitar ao máximo os espazos.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Materiais e coidados
Material
- Porta/ Parte posterior do caixón/ Fronte de caixón/ Lateral de caixón/ Base do caixón:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Estrutura/ Andel/ Escuadro/ Porta/ Gancho/ Organizador de cubertos:
- NOTRANS, NOTRANS
- Mesado:
- NOTRANS
- Compoñentes principais:
- NOTRANS
- Escuma:
- NOTRANS
- Corpo:
- NOTRANS, NOTRANS, NOTRANS
- Bico:
- NOTRANS, NOTRANS
- Tubaxe/ Tapón de limpeza:
- NOTRANS
- Desaugadoiro/ Canastra:
- NOTRANS
- Arandelas:
- NOTRANS, NOTRANS
Mantemento
En caso necesario, limpar cun pano húmido e un limpador ou deterxente suave.
Secar cun pano seco.
Secar cun pano seco.
Limpa sempre o vertedoiro de aceiro en sentido lonxitudinal.
Non usar limpador en po, estropallo metálico nin ferramentas de punta ou afiadas porque poden raiar a superficie de aceiro inoxidable.
Seguridade e conformidade
Montaxe e documentos
Instrucións de montaxe
ÄSPINGE Cociña pequena105.002.81ÄSPINGE Cociña pequena105.002.81FYNDIG Vertedoiro 1 seo902.021.26FYNDIG Vertedoiro 1 seo902.021.26FYNDIG Vertedoiro 1 seo902.021.26FYNDIG Vertedoiro 1 seo902.021.26LAGAN Billa de cociña monomando100.850.27LAGAN Billa de cociña monomando100.850.27LILLVIKEN Filtro/sifón vert 1 seo103.115.39LILLVIKEN Filtro/sifón vert 1 seo103.115.39Consellos e instrucións de coidado
ÄSPINGE Cociña pequena105.002.81ÄSPINGE Cociña pequena105.002.81ÄSPINGE Cociña pequena105.002.81FYNDIG Vertedoiro 1 seo902.021.26FYNDIG Vertedoiro 1 seo902.021.26FYNDIG Vertedoiro 1 seo902.021.26FYNDIG Vertedoiro 1 seo902.021.26FYNDIG Vertedoiro 1 seo902.021.26LAGAN Billa de cociña monomando100.850.27Información técnica
LAGAN
Billa de cociña monomando, cromado
Número de artigo100.850.27| Nome de marca | IKEA |
| Tipo de tampa | Billa para a cociña de panca única |
| Velocidade máxima de fluxo a 3 bar | 8,0 l/min |
| Consumo anual de enerxía | 698 kWh/p.a. |
| Presión do servizo recomendada | 1 - 5 bar (0,1 - 0,5 MPa) (14,5 - 72,5 psi) |
| Presión do servizo mínima | 0,5 bar (0,05MPa) (7,25 psi) |
| Presión estática máxima | 10 bar (1,0MPa) (145,0 psi) |
| Grosor máximo do mesado | 50 mm (2") |
| Medida do buraco para a montaxe | 34-37 mm (1 3/8-1 7/16") |
| Lonxitude dos tubos de conexión | 425 mm (16 3/4") |
| Diámetro racor tubo | G 3/8" (R10) |
| Boca xiratoria | 360 º |
| Temperatura da auga fría recomendada | 10-15˚C (50-59˚F) |
| Temperatura da auga quente recomendada | 60-65°C (140-150°F) |
| Temperatura máx. da auga quente | 80˚C (176˚F) |
| Inclúe filtro | Non |
| Certificación de terceiros segundo os estándares locais | ETA-Danmark, KIWA, PZH, BELGAQUA, SINTEF, ACS |
Medicións
- Ancho: 120 cm
- fondo: 60 cm
- Altura: 201.7 cm
- Altura de mesado: 90 cm
- Carga máx. colg, estante medio: 16 kg
- Carga máx. colg, estante inferior: 16 kg
- Carga máxima compartimento esquerdo: 60 kg
- Carga máx. comp. esquerdo, estante: 24 kg
- Carga máxima compartimento dereito: 9 kg
- Carga máxima por caixón: 5 kg
- Carga máxima porta esquerda: 1 kg
Embalaxe
ÄSPINGE
Número de artigo105.002.81- Ancho: 63 cm
- Alto: 5 cm
- Longo: 205 cm
- Peso: 30.56 kg
- Paquete(s): 1
- Ancho: 63 cm
- Alto: 11 cm
- Longo: 126 cm
- Peso: 27.35 kg
- Paquete(s): 1
- Ancho: 63 cm
- Alto: 11 cm
- Longo: 79 cm
- Peso: 18.65 kg
- Paquete(s): 1
FYNDIG
Número de artigo902.021.26- Ancho: 44 cm
- Alto: 18 cm
- Longo: 50 cm
- Peso: 1.98 kg
- Paquete(s): 1
LAGAN
Número de artigo100.850.27- Ancho: 25 cm
- Alto: 5 cm
- Longo: 30 cm
- Peso: 1.02 kg
- Paquete(s): 1
LILLVIKEN
Número de artigo103.115.39- Ancho: 41 cm
- Alto: 9 cm
- Longo: 45 cm
- Peso: 0.75 kg
- Paquete(s): 1
Opinións dos clientes
A idea tras o produto
A idea tras o produto
Cando deseñei as cociñas ÄSPINGE, a miña intención era crear unha solución funcional para espazos reducidos que tamén actuase como declaración de quen ti es. Xoguei coa idea de estadas, que montas en vertical. Adopta sentido cando penduras cousas como especias e utensilios das barras da parte superior ou expoñendo os teus aceites favoritos no andel da pía. Move os ganchos e andeis ó teu gusto e crea un expositor personalizado.








