Se lle das unha ollada máis ide preto ó ÄNGSJÖN descubrirás os pequenos detalles que fan a diferenza tanto na forma como na funcionalidade. A deseñadora Sarah Fager indica como a asa integrada dos armarios e caixóns transmite unha sensación de sosego. "A asa esténdese sobre toda a parte frontal do caixón e da porta do armario, polo que é máis fácil de coller. No caso do caixón a asa está virada para abaixo para evitar que se lle acumule po e sucidade". Sarah tamén deseñou ou lavabo BACKSJÖN, con liñas simples. Combina á perfección co ÄNGSJÖN. "Está feito de mármore esmagado, que pode ser lixeiramente máis fino e pulcro cá porcelana sen perder por iso a súa resistencia. Ademais de darlles unha aparencia máis lixeira, conseguimos reducir o peso dos lavabos en comparación cos modelos anteriores".
ÄNGSJÖN Lavabo con caixón, marrón efecto carballo, 80x48x33 cm
Como conseguilo
Recoller 22 puntos con
10 ano de garantía
Unha versión actual da serie de baño ÄNGSJÖN con asas integradas e unha aparencia minimalista refinada. Esta pía con caixón está deseñada para un mesado e/ou bacía.
Caixón amplo, con capacidade suficiente para gardar todo o que necesitas. As canalizacións pasan por detrás, polo que non che roubarán espazo. O caixón ábrense completamente para que poidas acceder facilmente a todo o que gardas.
O caixón é ideal para organizar obxectos pequenos, como cepillos, cremas, pulverizadores e accesorios.
Unha avanzada técnica de produción protexe os caixóns dos danos provocados pola auga. A chapa envolve en sentido vertical o taboleiro de partículas para que non queden bordos sen protexer polos que poida penetrar a auga.
As bisagras do caixón fan que este se peche amodo e con coidado.

Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Orde en perfecto equilibrio
Nun mundo tan intenso, rápido e con tantos estímulos, os mobles para baño ÄNGSJÖN tráenche algo completamente diferente. Co seu deseño minimalista, con esta serie poderás crear un oasis de paz e sosego sen saír da casa.
Liñas simples, superficies uniformes e dentro un espazo no que gardar todo o necesario para o baño. Ese é o ÄNGSJÖN. Un elegante moble para instalar na parede que transmite unha sensación de lixeireza, especialmente nas partes máis largas.
Unha asa cómoda de agarrar
Máis estilo a partir das túas eleccións
Lavabo, mesado, espello... en función das túas escollas poderás ampliar o estilo minimalista na dirección que queiras. Por exemplo, a aparencia será totalmente distinta se elixes un ÄNGSJÖN cun acabado branco de alto brillo ou, pola contra en carballo intenso. Tamén podes complementar os armarios pechados e os caixóns con almacenaxe aberta HAGAÅN con acabado de madeira a xogo. "Cando por fin saibas que este é o interior minimalista que queres, verás que tes infinidade de combinacións que che axudarán a crear o baño dos teus soños".










