Saltar

ÄNGSJÖN / BACKSJÖN Moble con caixóns/lavabo/billas

555€
É necesario usar silicona para efectuar a instalación. Non incluída.

Escolle cor:

Efecto carballo
  • Moderna vanidade de baño de madeira con lavabo dobre, mangos minimalistas, acabado de carballo.
  • Vaidade de baño moderna, ÄNGSJÖN, montado na parede, dous caixóns, dobre lavabo branco, billas cromatas.
  • Lavabo dobre lavabo branco moderno, montado na parede con mangos elegantes, billas cromadas e deseño minimalista.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • 10 ano de garantía

O moble de baño ÄNGSJÖN é moderno e sinxelo. A peza que necesitas para empezar ben os días. Este combo ten 2 caixóns amplos e un lavabo dobre capaz de soportar as mañás máis atarefadas.

Número de artigo595.140.12

Caixóns amplos, con capacidade suficiente para gardar todo o que necesitas. As canalizacións pasan por detrás, polo que non che quitarán espazo. Os caixóns ábrense completamente para que poidas acceder facilmente a todo o que gardas.

O acabado con efecto carballo transforma o espazo nun remanso de paz e tranquilidade. Unha aparencia contemporánea con asas integradas que minimiza os detalles innecesarios.

O lavabo é de mármore moído, o que permite obter uns bordos ben definidos e unha superficie resistente ás rabuñaduras. Todo isto dálle un aspecto moderno.

Este armario instálase na parede. Transmite unha sensación de amplitude e permite limpar facilmente o chan de debaixo. Podes poñerlle patas se queres.

Opinións dos clientes

4.2Recensión: 4.2 de 5 estrelas. Revisións totais: 6Valoración media
6Opinións
4.2Recensión: 4.2 de 5 estrelas. Revisións totais: 6Valoración media
6Opinións

Accesorios para ÄNGSJÖN / BACKSJÖN

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Armario de baño de carballo moderno con madeira clara, baldosas verdes, dobre lavabo, espellos, toallas azuis, ducha.

Orde en perfecto equilibrio

Nun mundo tan intenso, rápido e con tantos estímulos, os mobles para baño ÄNGSJÖN tráenche algo completamente diferente. Co seu deseño minimalista, con esta serie poderás crear un oasis de paz e sosego sen saír da casa.

Liñas simples, superficies uniformes e dentro un espazo no que gardar todo o necesario para o baño. Ese é o ÄNGSJÖN. Un elegante moble para instalar na parede que transmite unha sensación de lixeireza, especialmente nas partes máis largas.

Unha asa cómoda de agarrar

Se lle das unha ollada máis ide preto ó ÄNGSJÖN descubrirás os pequenos detalles que fan a diferenza tanto na forma como na funcionalidade. A deseñadora Sarah Fager indica como a asa integrada dos armarios e caixóns transmite unha sensación de sosego. "A asa esténdese sobre toda a parte frontal do caixón e da porta do armario, polo que é máis fácil de coller. No caso do caixón a asa está virada para abaixo para evitar que se lle acumule po e sucidade". Sarah tamén deseñou ou lavabo BACKSJÖN, con liñas simples. Combina á perfección co ÄNGSJÖN. "Está feito de mármore esmagado, que pode ser lixeiramente máis fino e pulcro cá porcelana sen perder por iso a súa resistencia. Ademais de darlles unha aparencia máis lixeira, conseguimos reducir o peso dos lavabos en comparación cos modelos anteriores".

Máis estilo a partir das túas eleccións

Lavabo, mesado, espello... en función das túas escollas poderás ampliar o estilo minimalista na dirección que queiras. Por exemplo, a aparencia será totalmente distinta se elixes un ÄNGSJÖN cun acabado branco de alto brillo ou, pola contra en carballo intenso. Tamén podes complementar os armarios pechados e os caixóns con almacenaxe aberta HAGAÅN con acabado de madeira a xogo. "Cando por fin saibas que este é o interior minimalista que queres, verás que tes infinidade de combinacións que che axudarán a crear o baño dos teus soños".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de