Saltar

ÄNGSJÖN / BACKSJÖN Moble con caixón/lavabo/billa

349€
É necesario usar silicona para efectuar a instalación. Non incluída.
  • Lavabo cadrado branco moderno, montado na parede con caixón de madeira, billa negra.
  • Vaidade de baño moderno: ÄNGSJÖN, marrón de madeira, montado na parede, caixón único, lavabo branco, deseño minimalista.
  • Moderna vaidade de baño branco, caixón único, bordos elegantes, montado na parede con billa negra.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • 10 ano de garantía

O moble de baño ÄNGSJÖN é moderno e sinxelo. A peza que necesitas para empezar ben os días. Este combo inclúe 1 caixón amplo e un lavabo sobrio cos bordos ben definidos.

Número de artigo695.212.34

Detalles do produto

Caixón amplo, con capacidade suficiente para gardar todo o que necesitas. As canalizacións pasan por detrás, polo que non che roubarán espazo. O caixón ábrense completamente para que poidas acceder facilmente a todo o que gardas.

O acabado con efecto carballo transforma o espazo nun remanso de paz e tranquilidade. Unha aparencia contemporánea con asas integradas que minimiza os detalles innecesarios.

O lavabo é de mármore moído, o que permite obter uns bordos ben definidos e unha superficie resistente ás rabuñaduras. Todo isto dálle un aspecto moderno.

Este armario instálase na parede. Transmite unha sensación de amplitude e permite limpar facilmente o chan de debaixo. Podes poñerlle patas se queres.

Combina este produto con outros armarios da serie ÄNGSJÖN e crea unha solución coordinada para o baño que se axuste ás túas necesidades e espazo dispoñible.

10 anos de garantía. Consulta as condicións xerais no folleto de garantía.

Número de artigo695.212.34

Información útil

Se tes dúbidas sobre a instalación, contacta cun profesional. A instalación debe realizarse segundo a normativa local sobre construción e fontanaría.

É necesario usar silicona para efectuar a instalación. Non incluída.

Inclúe: 1 armario de lavabo con caixón, 1 lavabo integrado, 1 sifón e 1 billa mesturadora.

IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com

Materiais e coidados

Mantemento

Moble con caixón/lavabo/billa

Limpar cunha suave solución xabonosa.

As manchas de humidade deben secarse axiña para evitar que penetre a humidade.

Lavabo con caixón

Secar cun pano seco.

Vertedoiro

Non empregar produtos abrasivos, estropallo, obxectos afiados ou punzantes que poidan raiar a superficie do lavabo.

Seguridade e conformidade

Non é recomendable que o lavabo entre en contacto con amoníaco, ácidos, limpadores fortes, tintura de cabelos ao cloro.Este produto leva marcado CE.Para maior seguridade, tense de fixar á parede. Os distintos tipos de parede requiren diferentes ferraxes. Utiliza as ferraxes máis axeitadas para as túas paredes (véndense por separado).ADVERTENCIA! Risco de envorco. É obrigatorio ancorar este produto con seguridade. Utiliza chavetas e parafusos aptos para o teu fogar. En caso de dúbida, consulta cun profesional.

Información técnica

LUNDSKÄR

Billa lavabo, negro

Número de artigo305.325.54
Nome de marcaIKEA
Tipo de tampaBilla para lavadoiro
Velocidade máxima de fluxo a 3 bar5,7 l/min
Consumo anual de enerxía382 kWh/p.a.
Presión do servizo recomendada1 - 5 bar (0,1 - 0,5 MPa) (14,5 - 72,5 psi)
Presión do servizo mínima0,5 bar (0,05MPa) (7,25 psi)
Presión estática máxima10 bar (1,0MPa) (145,0 psi)
Máx. grosor do mesado50 mm (2")
Medida do buraco para a montaxe34-37 mm (1 3/8-1 7/16")
Lonxitude dos tubos de conexión450 mm (17 3/4")
Diámetro racor tuboG 3/8" (R10)
Boca xiratoria360 º
Temperatura da auga fría recomendada10-15˚C (50-59˚F)
Temperatura da auga quente recomendada60-65°C (140-150°F)
Temperatura máx. da auga quente80˚C (176˚F)
Inclúe filtroSi
Certificación de terceiros segundo os estándares locaisETA-Danmark, ACS, KIWA, PZH, SINTEF, BELGAQUA

Medicións

  • Ancho: 80.2 cm
  • fondo: 47.5 cm
  • Altura: 38.8 cm
  • Fronte do caixón, grosor: 16 mm

Embalaxe

Este produto ven en 4 paquete(s).

ÄNGSJÖN

Número de artigo005.351.01
  • Ancho: 47 cm
  • Alto: 9 cm
  • Longo: 90 cm
  • Peso: 17.40 kg
  • Paquete(s): 1

BACKSJÖN

Número de artigo805.451.20
  • Ancho: 52 cm
  • Alto: 17 cm
  • Longo: 90 cm
  • Peso: 15.30 kg
  • Paquete(s): 1

LUNDSKÄR

Número de artigo305.325.54
  • Ancho: 20 cm
  • Alto: 6 cm
  • Longo: 35 cm
  • Peso: 1.63 kg
  • Paquete(s): 1

RÄNNILEN

Número de artigo205.545.32
  • Ancho: 31 cm
  • Alto: 8 cm
  • Longo: 45 cm
  • Peso: 0.47 kg
  • Paquete(s): 1

Opinións dos clientes

4.7Recensión: 4.7 de 5 estrelas. Revisións totais: 3Valoración media
3Opinións
4.7Recensión: 4.7 de 5 estrelas. Revisións totais: 3Valoración media
3Opinións

Accesorios para ÄNGSJÖN / BACKSJÖN

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Baño moderno con vaidade de carballo, espello circular, lavabo branco, billas escuras, deseño minimalista.

Orde en perfecto equilibrio

Nun mundo tan intenso, rápido e con tantos estímulos, os mobles para baño ÄNGSJÖN tráenche algo completamente diferente. Co seu deseño minimalista, con esta serie poderás crear un oasis de paz e sosego sen saír da casa.

Liñas simples, superficies uniformes e dentro un espazo no que gardar todo o necesario para o baño. Ese é o ÄNGSJÖN. Un elegante moble para instalar na parede que transmite unha sensación de lixeireza, especialmente nas partes máis largas.

Unha asa cómoda de agarrar

Se lle das unha ollada máis ide preto ó ÄNGSJÖN descubrirás os pequenos detalles que fan a diferenza tanto na forma como na funcionalidade. A deseñadora Sarah Fager indica como a asa integrada dos armarios e caixóns transmite unha sensación de sosego. "A asa esténdese sobre toda a parte frontal do caixón e da porta do armario, polo que é máis fácil de coller. No caso do caixón a asa está virada para abaixo para evitar que se lle acumule po e sucidade". Sarah tamén deseñou ou lavabo BACKSJÖN, con liñas simples. Combina á perfección co ÄNGSJÖN. "Está feito de mármore esmagado, que pode ser lixeiramente máis fino e pulcro cá porcelana sen perder por iso a súa resistencia. Ademais de darlles unha aparencia máis lixeira, conseguimos reducir o peso dos lavabos en comparación cos modelos anteriores".

Máis estilo a partir das túas eleccións

Lavabo, mesado, espello... en función das túas escollas poderás ampliar o estilo minimalista na dirección que queiras. Por exemplo, a aparencia será totalmente distinta se elixes un ÄNGSJÖN cun acabado branco de alto brillo ou, pola contra en carballo intenso. Tamén podes complementar os armarios pechados e os caixóns con almacenaxe aberta HAGAÅN con acabado de madeira a xogo. "Cando por fin saibas que este é o interior minimalista que queres, verás que tes infinidade de combinacións que che axudarán a crear o baño dos teus soños".

Máis información

A idea tras o produto

A idea tras o produto

"Pedíronme que deseñase 3 series de baño novas cun aspecto distintivo e así foi como decidín que a serie ÄNGSJÖN debía ser a imaxe da perfección. As súas frontes alíñanse milimetricamente coa estrutura do armario e os tiradores integrados están pensados para crear unha expresión minimalista, libres de detalles innecesarios. Encántame que menos sexa máis e que o resultado teña unha carga contemporánea tan marcada. Aquí só encontrarás elegancia, tanto ten que busques algo cun acabado brillante ou con ese toque cálido que transmite a madeira".

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de