Saltar

ÄNGSJÖN / BACKSJÖN Lavabo/pía/billa

635€
É necesario usar silicona para efectuar a instalación. Non incluída.

Escolle cor:

Alto brillo branco
  • Moderna vanidade de baño dobre de carballo con lavabos brancos elegantes e billas cromatas.
  • Armario moderno minimalista montado na parede con almacenamento de madeira escura.
  • Unha dobre vanidade branca ÄNGSJÖN con dous lavabos e catro caixóns para o almacenamento do baño.

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • 10 ano de garantía

Que pasa cando combinas as cousas de dúas en dúas? Que terás moito máis sitio de almacenaxe e o dobre de espazo no lavabo. Unha solución brillante para 2 persoas ou máis e así as mañás ser moito máis levadías.

Número de artigo995.285.35

Este combo inclúe 2 armarios de lavabo, cada un con 2 caixóns e permite dividir os espazos entre cada membro da casa. O lavabo dobre é perfecto para aquelas familias que comparten horario.

Segundo as túas necesidades e espazo, podes completar esta solución cun espello ou armario con espello que che guste da nosa gama. Véndense por separado.

O acabado lustroso en branco transmite unha aparencia de elegancia e actualidade, resaltada polas con asas incorporadas que ofrecen unha sensación refinada.

O lavabo é de mármore moído, o que permite obter uns bordos ben definidos e unha superficie resistente ás rabuñaduras. Todo isto dálle un aspecto moderno.

Opinións dos clientes

5Recensión: 5 de 5 estrelas. Revisións totais: 3Valoración media
3Opinións
5Recensión: 5 de 5 estrelas. Revisións totais: 3Valoración media
3Opinións

Accesorios para ÄNGSJÖN / BACKSJÖN

Produtos relacionados

Recomendado para ti

Baño moderno: lavabo ÄNGSJÖN, lavabo de mármore, baldosas verdes, armarios con espello, taburete negro.

Orde en perfecto equilibrio

Nun mundo tan intenso, rápido e con tantos estímulos, os mobles para baño ÄNGSJÖN tráenche algo completamente diferente. Co seu deseño minimalista, con esta serie poderás crear un oasis de paz e sosego sen saír da casa.

Liñas simples, superficies uniformes e dentro un espazo no que gardar todo o necesario para o baño. Ese é o ÄNGSJÖN. Un elegante moble para instalar na parede que transmite unha sensación de lixeireza, especialmente nas partes máis largas.

Unha asa cómoda de agarrar

Se lle das unha ollada máis ide preto ó ÄNGSJÖN descubrirás os pequenos detalles que fan a diferenza tanto na forma como na funcionalidade. A deseñadora Sarah Fager indica como a asa integrada dos armarios e caixóns transmite unha sensación de sosego. "A asa esténdese sobre toda a parte frontal do caixón e da porta do armario, polo que é máis fácil de coller. No caso do caixón a asa está virada para abaixo para evitar que se lle acumule po e sucidade". Sarah tamén deseñou ou lavabo BACKSJÖN, con liñas simples. Combina á perfección co ÄNGSJÖN. "Está feito de mármore esmagado, que pode ser lixeiramente máis fino e pulcro cá porcelana sen perder por iso a súa resistencia. Ademais de darlles unha aparencia máis lixeira, conseguimos reducir o peso dos lavabos en comparación cos modelos anteriores".

Máis estilo a partir das túas eleccións

Lavabo, mesado, espello... en función das túas escollas poderás ampliar o estilo minimalista na dirección que queiras. Por exemplo, a aparencia será totalmente distinta se elixes un ÄNGSJÖN cun acabado branco de alto brillo ou, pola contra en carballo intenso. Tamén podes complementar os armarios pechados e os caixóns con almacenaxe aberta HAGAÅN con acabado de madeira a xogo. "Cando por fin saibas que este é o interior minimalista que queres, verás que tes infinidade de combinacións que che axudarán a crear o baño dos teus soños".

Máis información

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de