ÄNGSJÖN / BACKSJÖN Armario lavabo/lavabo, efecto carballo/branco efecto mármore, 102x49x71 cm
Complétao con

BROGRUND Billa lavabo
Como conseguilo
Recoller 92 puntos con
Podes cambiar de opinión
Gústache ter as túas cousas en orde e fóra da vista? Velaquí che traemos 4 caixóns de 2 tamaños onde poderás gardar os teus produtos de aseo. O mesado transmite personalidade e é ideal para ter as túas cousas sempre á man mentres te preparas.
O teu baño verase máis ordenado cando o gardes todo en caixóns. O práctico espazo no mesado é perfecto para ter as túas cousas á man cando te prepares para comezar o día.
Segundo as túas necesidades e espazo, podes completar esta solución cun espello ou armario con espello que che guste da nosa gama. Véndense por separado.
O acabado con efecto carballo transforma o espazo nun remanso de paz e tranquilidade. Unha aparencia contemporánea con asas integradas que minimiza os detalles innecesarios.
O lavabo é de mármore moído, o que permite obter uns bordos ben definidos e unha superficie resistente ás rabuñaduras. Todo isto dálle un aspecto moderno.

Este produto consta de varios compoñentes. Podes atopar os detalles dos devanditos compoñentes a continuación.





















