Esta á a nosa terceira colección desenvolta en colaboración con Nordens Ark, un centro sueco de conservación da fauna. Conxuntamente, traballamos para concienciar sobre un dos ecosistemas singulares do mundo. ALPTALL permíteche transformarte nun panda vermello cunha toalla despois de te bañares ou seguir os pasos dun leopardo das neves nunha alfombra. Cada produto está deseñado para que poidas explorar e aprender sobre a flora e a fauna desta extraordinaria rexión. "Queremos espertar cociencia sobre esta parte do mundo dun xeito que resulte tanto educativo como inspirador", afirma Bodil. "Trátase dun lugar que moitas persoas non chegan a visitar mais, grazas á colección e a un chisco de imaxinación, ti podes sentirte moi preto dende a comodidade da túa casa".
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Recoller 1 puntos con
Podes cambiar de opinión
O sol sae todos os días sobre os maxestosos picos do Himalaya, traendo vida e calor ás plantas e animais que viven alí. Esta saba axustable cun deseño de soles en 100% algodón é suave e cómoda en contacto coa pel.
- Número de fíos: 60 /cm²
Mantemento
Encolle un 4% como máximo.
Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.
Lavar xunto con prendas de cor similar.
Non empregar lixivia.
Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).
Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Lava este produto antes de usalo por primeira vez.

Ideal para combinar coas fundas nórdicas da colección ALPTALL.
A saba axustábel é duradeira e de fácil mantemento, só tes que lavala a 60 °C e tendela para que seque. Non é preciso pasarlle o ferro porque queda perfecta unha vez posta no colchón.
Fácil de manter limpo; lavar á máquina a 60 °C.
Por medio dos xoguetes, téxtiles e accesorios da colección ALPTALL queremos fomentar a curiosidade das e dos máis pequenos e que queiran aprender máis sobre as marabillas da natureza e da vida salvaxe do Himalaia.
Malin Gyllensvaan
Número de fíos na cara posterior: 60 fíos/cm².
O número de fíos é un valor que indica a cantidade de fíos por centímetro cadrado ou polgada cadrada do tecido. Canto maior sexa o número de fíos, máis resistente e densa será a tea.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Mantemento
Encolle un 4% como máximo.
Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.
Lavar xunto con prendas de cor similar.
Non empregar lixivia.
Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).
Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Lava este produto antes de usalo por primeira vez.
- Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

- 706.251.60
1 × ALPTALL
Saba axustable- Ancho: 14 cm
- Alto: 4 cm
- Longo: 28 cm
- Peso: 0.44 kg
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Dámosche a benvida ao Himalaia salvaxe
Prepárate para vivir unha aventura! Dende desertos xélidos ata bosques frondosos e montañas rochosas, o único que precisas levar é a túa imaxinación. No camiño, coñecerás algúns dos animais únicos que habitan esta paisaxe. Por exemplo, o xerbo de orellas longas co seu potente salto e o manul, cunha cara rosmona que será quen de facerte sorrir.
"Traballamos duro para asegurarnos de que os peluches se asemellen aos animais que representan", afirma Bodil Fritjofsson, líder en melloras do fogar, que traballou para desenvolver os peluches da colección ALPTALL. "A nós tamén nos fascina coñecer estes animais. Algúns deles non os coñecíamos para nada!"
Un novo mundo por explorar
Deixa voar a imaxinación
Cremos que os cativos son as persoas máis importantes do mundo, e sabemos que o xogo é fundamental para a súa saúde, desenvolvemento e felicidade. Por iso, ALPTALL ofrece aos pais e aos seus nenos distintos xeitos de divertirse, tanto facendo crebacabezas no libro de actividades como perdéndose nun mundo imaxinario co seu amigo de peluche.








