Esta á a nosa terceira colección desenvolta en colaboración con Nordens Ark, un centro sueco de conservación da fauna. Conxuntamente, traballamos para concienciar sobre un dos ecosistemas singulares do mundo. ALPTALL permíteche transformarte nun panda vermello cunha toalla despois de te bañares ou seguir os pasos dun leopardo das neves nunha alfombra. Cada produto está deseñado para que poidas explorar e aprender sobre a flora e a fauna desta extraordinaria rexión. "Queremos espertar cociencia sobre esta parte do mundo dun xeito que resulte tanto educativo como inspirador", afirma Bodil. "Trátase dun lugar que moitas persoas non chegan a visitar mais, grazas á colección e a un chisco de imaxinación, ti podes sentirte moi preto dende a comodidade da túa casa".
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Recoller 2 puntos con
Podes cambiar de opinión
Un camelo cunhas xibas preciosas e patas longas, unha compaña natural para xogar con imaxinación e somerxerse en diversas aventuras. Queda ben sentadiño nun andel ou na cama, á espera dunhas apertas e dos momentos de paz á hora de deitarse.
- Lavable á máquina
Material
- Tea:
- 100 % poliéster - (100% reciclada)
- Recheo:
- 100 % poliéster - fibra oca (100 % reciclado)
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.

Sabías que as xibas do camelo almacenan graxa que utiliza para obter enerxía cando falta o alimento? É como cando os cativos recargan a enerxía comendo, para que os xogos e as aventuras poidan continuar moito tempo.
Por medio dos xoguetes, téxtiles e accesorios da colección ALPTALL queremos fomentar a curiosidade das e dos máis pequenos e que queiran aprender máis sobre as marabillas da natureza e da vida salvaxe do Himalaia.
Combina moi ben con outros produtos da colección ALPTALL.
O agasallo perfecto para os nenos e nenas aos que lles fascina a natureza e a súa fantástica vida salvaxe.
IKEA of Sweden
Camelo bactriano: en perigo de acordo coa lista vermella das especies ameazadas da UICN.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Material
- Tea:
- 100 % poliéster - (100% reciclada)
- Recheo:
- 100 % poliéster - fibra oca (100 % reciclado)
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
- Recomendado a partir dos 18 meses.Este produto leva marcado CE.

- 906.206.37
1 × ALPTALL
Peluche- Ancho: 42 cm
- Alto: 16 cm
- Longo: 43 cm
- Peso: 0.42 kg
Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Dámosche a benvida ao Himalaia salvaxe
Prepárate para vivir unha aventura! Dende desertos xélidos ata bosques frondosos e montañas rochosas, o único que precisas levar é a túa imaxinación. No camiño, coñecerás algúns dos animais únicos que habitan esta paisaxe. Por exemplo, o xerbo de orellas longas co seu potente salto e o manul, cunha cara rosmona que será quen de facerte sorrir.
"Traballamos duro para asegurarnos de que os peluches se asemellen aos animais que representan", afirma Bodil Fritjofsson, líder en melloras do fogar, que traballou para desenvolver os peluches da colección ALPTALL. "A nós tamén nos fascina coñecer estes animais. Algúns deles non os coñecíamos para nada!"
Un novo mundo por explorar
Deixa voar a imaxinación
Cremos que os cativos son as persoas máis importantes do mundo, e sabemos que o xogo é fundamental para a súa saúde, desenvolvemento e felicidade. Por iso, ALPTALL ofrece aos pais e aos seus nenos distintos xeitos de divertirse, tanto facendo crebacabezas no libro de actividades como perdéndose nun mundo imaxinario co seu amigo de peluche.
Funcionalidade
Peluches para abrazar unha e outra vez
Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.
Calidade
Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida
Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.







