Esta á a nosa terceira colección desenvolta en colaboración con Nordens Ark, un centro sueco de conservación da fauna. Conxuntamente, traballamos para concienciar sobre un dos ecosistemas singulares do mundo. ALPTALL permíteche transformarte nun panda vermello cunha toalla despois de te bañares ou seguir os pasos dun leopardo das neves nunha alfombra. Cada produto está deseñado para que poidas explorar e aprender sobre a flora e a fauna desta extraordinaria rexión. "Queremos espertar cociencia sobre esta parte do mundo dun xeito que resulte tanto educativo como inspirador", afirma Bodil. "Trátase dun lugar que moitas persoas non chegan a visitar mais, grazas á colección e a un chisco de imaxinación, ti podes sentirte moi preto dende a comodidade da túa casa".
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Recoller 4 puntos con
Podes cambiar de opinión
Nos bosques do Himalaya oriental, os pandas vermellos viven no cumio das árbores, a miúdo, amordicando poliñas de bambú. Este conxunto de funda nórdica reversible en 100% algodón permíteche acurruncharte e abrigarte entre eles.
- Algodón
- Número de fíos: 60 /cm²
Mantemento
Encolle un 4% como máximo.
Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.
Lavar xunto con prendas de cor similar.
Antes de lavala, pon a funda do revés e péchaa.
Non empregar lixivia.
Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).
Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Lava este produto antes de usalo por primeira vez.

O lazo dálle encanto e un toque tradicional á funda nórdica.
Por medio dos xoguetes, téxtiles e accesorios da colección ALPTALL queremos fomentar a curiosidade das e dos máis pequenos e que queiran aprender máis sobre as marabillas da natureza e da vida salvaxe do Himalaia.
O panda vermello está dispoñible en peluche en dous tamaños.
Fácil de manter limpo; lavar á máquina a 60 °C.
Número de fíos: 60 fíos/cm².
O número de fíos é un valor que indica a cantidade de fíos por centímetro cadrado ou polgada cadrada do tecido. Canto maior sexa o número de fíos, máis resistente e densa será a tea.
Inclúe: 1 funda nórdica (150x200 cm) e 1 funda de almofada (50x60 cm).
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Mantemento
Encolle un 4% como máximo.
Lavar a máquina a 60 °C como máximo, tratamento normal.
Lavar xunto con prendas de cor similar.
Antes de lavala, pon a funda do revés e péchaa.
Non empregar lixivia.
Secar normal en secadora a temperatura normal (80 ºC como máximo).
Pasar o ferro a 200 ºC como máximo.
Non limpar en seco.
Lava este produto antes de usalo por primeira vez.
- Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

- 206.251.48
1 × ALPTALL
Funda nórdica e funda almofada- Ancho: 19 cm
- Alto: 5 cm
- Longo: 28 cm
- Peso: 0.87 kg
Accesorios para ALPTALL
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Dámosche a benvida ao Himalaia salvaxe
Prepárate para vivir unha aventura! Dende desertos xélidos ata bosques frondosos e montañas rochosas, o único que precisas levar é a túa imaxinación. No camiño, coñecerás algúns dos animais únicos que habitan esta paisaxe. Por exemplo, o xerbo de orellas longas co seu potente salto e o manul, cunha cara rosmona que será quen de facerte sorrir.
"Traballamos duro para asegurarnos de que os peluches se asemellen aos animais que representan", afirma Bodil Fritjofsson, líder en melloras do fogar, que traballou para desenvolver os peluches da colección ALPTALL. "A nós tamén nos fascina coñecer estes animais. Algúns deles non os coñecíamos para nada!"
Un novo mundo por explorar
Deixa voar a imaxinación
Cremos que os cativos son as persoas máis importantes do mundo, e sabemos que o xogo é fundamental para a súa saúde, desenvolvemento e felicidade. Por iso, ALPTALL ofrece aos pais e aos seus nenos distintos xeitos de divertirse, tanto facendo crebacabezas no libro de actividades como perdéndose nun mundo imaxinario co seu amigo de peluche.














