Esta á a nosa terceira colección desenvolta en colaboración con Nordens Ark, un centro sueco de conservación da fauna. Conxuntamente, traballamos para concienciar sobre un dos ecosistemas singulares do mundo. ALPTALL permíteche transformarte nun panda vermello cunha toalla despois de te bañares ou seguir os pasos dun leopardo das neves nunha alfombra. Cada produto está deseñado para que poidas explorar e aprender sobre a flora e a fauna desta extraordinaria rexión. "Queremos espertar cociencia sobre esta parte do mundo dun xeito que resulte tanto educativo como inspirador", afirma Bodil. "Trátase dun lugar que moitas persoas non chegan a visitar mais, grazas á colección e a un chisco de imaxinación, ti podes sentirte moi preto dende a comodidade da túa casa".
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Recoller 5 puntos con
Podes cambiar de opinión
Sigue as pegadas do leopardo de neve, do panda vermello e do rato en mundos imaxinarios! Esta alfombra é suave para camiñar por ela e vén en dúas versións, con carreiros que levan en direccións diferentes. Elixe o teu favorito na tenda!
Material
- Superficie de desgaste/ Urda/ Trama:
- 100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
- Lámina protectora:
- 100 % caucho sintético
Mantemento
Lavar á man a 40 °C como máximo.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Aspira e rota a alfombra con regularidade.

As cores neutras permiten combinar a alfombra con todo tipo de estilos de decoración e de estancias.
A superficie suave de tufting da alfombra é cómoda para xogar e andar cos pés descalzos, tanto dos maiores como dos pequenos.
O pelo da alfombra amortece os ruídos e ten un tacto moi suave e agradable.
A base de goma evita que a alfombra se mova cando os teus fillos corren ou xogan por riba.
Se mercas a alfombra en liña, a orientación dos trazos da alfombra estará determinada de maneira aleatoria. Se a mercas na túa tenda IKEA, poderás escoller a orientación a partir do que poña a etiqueta da alfombra.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Material
- Superficie de desgaste/ Urda/ Trama:
- 100 % poliéster (90 % reciclado como mín.)
- Lámina protectora:
- 100 % caucho sintético
Mantemento
Lavar á man a 40 °C como máximo.
Non empregar lixivia.
Non secar na secadora.
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
Aspira e rota a alfombra con regularidade.
- Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

- 906.251.64
1 × ALPTALL
Alfombra- Longo: 90 cm
- Peso: 2.37 kg
- Diámetro: 11 cm
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Dámosche a benvida ao Himalaia salvaxe
Prepárate para vivir unha aventura! Dende desertos xélidos ata bosques frondosos e montañas rochosas, o único que precisas levar é a túa imaxinación. No camiño, coñecerás algúns dos animais únicos que habitan esta paisaxe. Por exemplo, o xerbo de orellas longas co seu potente salto e o manul, cunha cara rosmona que será quen de facerte sorrir.
"Traballamos duro para asegurarnos de que os peluches se asemellen aos animais que representan", afirma Bodil Fritjofsson, líder en melloras do fogar, que traballou para desenvolver os peluches da colección ALPTALL. "A nós tamén nos fascina coñecer estes animais. Algúns deles non os coñecíamos para nada!"
Un novo mundo por explorar
Deixa voar a imaxinación
Cremos que os cativos son as persoas máis importantes do mundo, e sabemos que o xogo é fundamental para a súa saúde, desenvolvemento e felicidade. Por iso, ALPTALL ofrece aos pais e aos seus nenos distintos xeitos de divertirse, tanto facendo crebacabezas no libro de actividades como perdéndose nun mundo imaxinario co seu amigo de peluche.






