Esta á a nosa terceira colección desenvolta en colaboración con Nordens Ark, un centro sueco de conservación da fauna. Conxuntamente, traballamos para concienciar sobre un dos ecosistemas singulares do mundo. ALPTALL permíteche transformarte nun panda vermello cunha toalla despois de te bañares ou seguir os pasos dun leopardo das neves nunha alfombra. Cada produto está deseñado para que poidas explorar e aprender sobre a flora e a fauna desta extraordinaria rexión. "Queremos espertar cociencia sobre esta parte do mundo dun xeito que resulte tanto educativo como inspirador", afirma Bodil. "Trátase dun lugar que moitas persoas non chegan a visitar mais, grazas á colección e a un chisco de imaxinación, ti podes sentirte moi preto dende a comodidade da túa casa".
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Podes cambiar de opinión
Enche o cuarto do teu fillo ou filla coa flora e fauna máxicas do Himalaya. Estas decoracións autoadhesivas de varios tamaños son válidas para calquera superficie ríxida e plana; unha parede, a cama, un estante ou mesmo libros.

Podes pegar os animais na parede, en mobles, libros ou onde queiras. Con diferentes tamaños, as posibilidades infinitas!
Os adhesivos pódense pegar practicamente en calquera superficie e en todas as direccións, e son unha forma perfecta de facer que un dormitorio infantil sexa máis divertido, alegre e persoal.
A maioría dos animais do estampado, como o panda vermello, o tigre de Bengala e o leopardo das neves, están dispoñibles tamén en formato peluche na colección ALPTALL.
Combina moi ben con outros produtos da colección ALPTALL.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
- Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.

Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Dámosche a benvida ao Himalaia salvaxe
Prepárate para vivir unha aventura! Dende desertos xélidos ata bosques frondosos e montañas rochosas, o único que precisas levar é a túa imaxinación. No camiño, coñecerás algúns dos animais únicos que habitan esta paisaxe. Por exemplo, o xerbo de orellas longas co seu potente salto e o manul, cunha cara rosmona que será quen de facerte sorrir.
"Traballamos duro para asegurarnos de que os peluches se asemellen aos animais que representan", afirma Bodil Fritjofsson, líder en melloras do fogar, que traballou para desenvolver os peluches da colección ALPTALL. "A nós tamén nos fascina coñecer estes animais. Algúns deles non os coñecíamos para nada!"
Un novo mundo por explorar
Deixa voar a imaxinación
Cremos que os cativos son as persoas máis importantes do mundo, e sabemos que o xogo é fundamental para a súa saúde, desenvolvemento e felicidade. Por iso, ALPTALL ofrece aos pais e aos seus nenos distintos xeitos de divertirse, tanto facendo crebacabezas no libro de actividades como perdéndose nun mundo imaxinario co seu amigo de peluche.










