As ideas e comentarios interesantes das e dos máis pequenos foron o punto de partida de Marta cando deseñou AFTONSPARV. Unha colección a xogo para despertar a súa imaxinación e que inclúe amigos espaciais, tecidos e lámpadas... e mesmo cun foguete de cartón! "Con espazo abondo para todas e todos e, o mellor de todo, só necesitarán da imaxinación para viaxar a lugares afastados e descoñecidos. Disque mesmo hai planetas habitados por extraterrestres. "Falan moito dos extraterrestres e do seu aspecto. A maioría das veces din que son divertidos".
AFTONSPARV Peluche, minialien/verde, 10 cm
Como conseguilo
Comprobando dispoñibilidade...Podes cambiar de opinión
AFTONSPARV
505.624.27O extraterrestre máis valente do mundo? Créalo ou non, este peluche é o compañeiro de viaxe perfecto. Ten o tamaño axeitado para levalo na mochila ou metelo no peto cando chegue o momento de vivir unha aventura.
- Lavable á máquina
Material
- Tea:
- 100 % poliéster - (100% reciclada)
- Recheo:
- 100 % poliéster - fibra oca (100% reciclada)
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.

A este pequeno extraterrestre encantaralle vivir aventuras coa túa filla.
O lazo da parte superior da cabeza permíteche pendurar o peluche a modo de adorno ou enganchalo nunha mochila.
Produto feito 100% a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.
O amigo perfecto para o extraterrestre máis grande da colección AFTONSPARV.
Posibilidade de completar con outros produtos da colección AFTONSPARV.
IKEA of Sweden AB SE-343 81 Älmhult, IKEA.com
Material
- Tea:
- 100 % poliéster - (100% reciclada)
- Recheo:
- 100 % poliéster - fibra oca (100% reciclada)
Mantemento
Lavar á máquina a 40 °C como máximo, tratamento normal.
Non empregar lixivia.
Secar en secadora a temperatura baixa (60 ºC como máximo).
Non pasar o ferro.
Non limpar en seco.
- Recomendado para nenos a partir de 3 anos de idade.Este produto leva marcado CE.

- 505.624.27
1 × AFTONSPARV
Peluche- Ancho: 7 cm
- Alto: 3 cm
- Longo: 11 cm
- Peso: 0.01 kg
Opinións dos clientes
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

Enerxía e recursos
É posible encariñarse co plástico?
Queremos reducir a cantidade de materiais novos que utilizamos para fabricar os nosos peluches. Unha forma de conseguilo é utilizar poliéster reciclado no recheo e darlle unha segunda oportunidade ó plástico usado. Cos nosos novos peluches AFTONSPARV damos un paso máis alá. Utilizamos exclusivamente poliéster reciclado no tecido, o recheo e en todos os fíos, sen comprometer a seguridade nin a calidade.
Form design process
Creado coa axuda de nenos
As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!
Funcionalidade
Peluches para abrazar unha e outra vez
Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.
Calidade
Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida
Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.









