Saltar
Máis de Colección AFTONSPARV

AFTONSPARV Peluche con traxe de astronauta, coello, 28 cm

9,99€

Como conseguilo

Servizos dispoñibles
Características do produto
  • Lavable á máquina

Un coello astronauta é o mellor amigo co que vivir aventuras imaxinarias no espazo. Que se lle ocorrerá á túa pequena esta vez co seu superheroe?

Número de artigo705.515.31

A túa filla pode poñerlle o traxe espacial ó peluche cando sexa a hora de xogar e quitarllo para lavalo despois de emocionantes aventuras.

Produto feito 100% a partir de poliéster reciclado, suave e apto para peles sensibles.

Os peluches da colección AFTONSPARV collen na nave espacial, así que poderán chegar facilmente a todos os planetas do universo.

Creado coa axuda de nenas e nenos en sesións divertidas onde expresan as súas ideas e o que pensan. As súas opinións inflúen nas nosas decisións e fan que os nosos produtos sexan mellores. A fin de contas eles son os expertos!

Opinións dos clientes

4.8Recensión: 4.8 de 5 estrelas. Revisións totais: 117Valoración media
117Opinións
4.8Recensión: 4.8 de 5 estrelas. Revisións totais: 117Valoración media
117Opinións

Produtos relacionados

Recomendado para ti

SostibilidadeAs persoas e o planeta

Enerxía e recursos

É posible encariñarse co plástico?

Queremos reducir a cantidade de materiais novos que utilizamos para fabricar os nosos peluches. Unha forma de conseguilo é utilizar poliéster reciclado no recheo e darlle unha segunda oportunidade ó plástico usado. Cos nosos novos peluches AFTONSPARV damos un paso máis alá. Utilizamos exclusivamente poliéster reciclado no tecido, o recheo e en todos os fíos, sen comprometer a seguridade nin a calidade.

Habitación infantil con estante de libros, xoguete de astronauta, cama de almofada azul.

O espazo é infinito, como a imaxinación

Grazas á colección AFTONSPARV as nenas e nenos teñen acceso ó parque infantil máis grande xamais concibido. Espazo. Un mundo emocionante, místico e inspirador que desperta a creatividade.

Seguramente ti tamén o fixeches na túa infancia, o de quedar ollando para o ceo infinito, pensando no que habería alí, entre todas aquelas estrelas e planetas. É unha situación que todas e todos nós vivimos nalgún momento, como lles pasou ás nenas e nenos de 3 a 7 anos que participaron nun dos nosos obradoiros, antes de empezarmos a traballar na AFTONSPARV. "O certo é que foi unha sorpresa constatar canto sabían sobre o sistema solar e o espazo", di a deseñadora Marta Krupińska. "Porén, aínda non coñecemos todos os segredos que agocha o espazo, por iso son segredos e, por iso tamén, é un lugar co que todo o mundo fantasea".

Un foguete espacial propulsado pola imaxinación

As ideas e comentarios interesantes das e dos máis pequenos foron o punto de partida de Marta cando deseñou AFTONSPARV. Unha colección a xogo para despertar a súa imaxinación e que inclúe amigos espaciais, tecidos e lámpadas... e mesmo cun foguete de cartón! "Con espazo abondo para todas e todos e, o mellor de todo, só necesitarán da imaxinación para viaxar a lugares afastados e descoñecidos. Disque mesmo hai planetas habitados por extraterrestres. "Falan moito dos extraterrestres e do seu aspecto. A maioría das veces din que son divertidos".

Durmir ollando os planetas

Finalmente o foguete chega de volta á Terra e con el vai sendo hora de ir para a cama. Así e todo, as aventuras poden continuar cun conto e mentres dormen. Porque cando se apaguen as luces, o planeta da cortina AFTONSPARV iluminarase. Que é iso? Talvez unha nave espacial na que viaxan unha morea de amiguiños verdes. Ou unha estrela fugaz para pedir un desexo...

Máis información

Calidade

Son bonitos e seguros? Sen ningunha dúbida

Tranquilizarache saber que todos os nosos produtos para nenos cumpren os estándares de calidade e seguridade máis estritos. Sometemos os nosos xoguetes a duras probas de resistencia e aplicámoslles forzas superiores ás que pode exercer calquera neno de 2 anos. Para que non teñas de que preocuparche e os teus fillos xoguen sen parar.

Funcionalidade

Peluches para abrazar unha e outra vez

Os nosos peluches garanten mil anos de amor. Por iso escollemos materiais cómodos e ollos bordados e, ademais, sometémolos a rigorosas probas de lavado e probas que certifican a ausencia de produtos químicos perniciosos. Aptos para lavadora.

Form design process

Creado coa axuda de nenos

As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!

Máis ideas e inspiración

Toda esta inspiración é para ti e só para ti.

Máis de Colección AFTONSPARV

Accesorios para AFTONSPARV