As ideas e comentarios interesantes das e dos máis pequenos foron o punto de partida de Marta cando deseñou AFTONSPARV. Unha colección a xogo para despertar a súa imaxinación e que inclúe amigos espaciais, tecidos e lámpadas... e mesmo cun foguete de cartón! "Con espazo abondo para todas e todos e, o mellor de todo, só necesitarán da imaxinación para viaxar a lugares afastados e descoñecidos. Disque mesmo hai planetas habitados por extraterrestres. "Falan moito dos extraterrestres e do seu aspecto. A maioría das veces din que son divertidos".
AFTONSPARV Funda nórdica e funda almofada
Como conseguilo
Recoller 3 puntos con
Podes cambiar de opinión
Esta capa de edredón branca de algodón e viscosa cun estampado en cor negra de naves espaciais e foguetes entre planetas ten unha misión: facer da cama un lugar máis acolledor. Un soño para as e os pequenos astronautas.
- Número de fíos: 152 /inch²

A mestura de algodón e viscosa absorbe e elimina a humidade, o que axuda a que o corpo manteña unha temperatura cómoda e uniforme. Deste xeito, o teu fillo durmirá ben durante toda a noite.
A cremalleira impide que o edredón se mova.
As cremalleiras dos produtos para nenos non levan tirador e, polo tanto, son seguras para os pequenos pero doadas de abrir para os adultos.
Fácil de manter limpo; lavar á máquina a 60 °C.

Opinións dos clientes
Accesorios para AFTONSPARV
Produtos relacionados
Explora máis opcións
Recomendado para ti

O espazo é infinito, como a imaxinación
Grazas á colección AFTONSPARV as nenas e nenos teñen acceso ó parque infantil máis grande xamais concibido. Espazo. Un mundo emocionante, místico e inspirador que desperta a creatividade.
Seguramente ti tamén o fixeches na túa infancia, o de quedar ollando para o ceo infinito, pensando no que habería alí, entre todas aquelas estrelas e planetas. É unha situación que todas e todos nós vivimos nalgún momento, como lles pasou ás nenas e nenos de 3 a 7 anos que participaron nun dos nosos obradoiros, antes de empezarmos a traballar na AFTONSPARV. "O certo é que foi unha sorpresa constatar canto sabían sobre o sistema solar e o espazo", di a deseñadora Marta Krupińska. "Porén, aínda non coñecemos todos os segredos que agocha o espazo, por iso son segredos e, por iso tamén, é un lugar co que todo o mundo fantasea".
Un foguete espacial propulsado pola imaxinación
Durmir ollando os planetas
Finalmente o foguete chega de volta á Terra e con el vai sendo hora de ir para a cama. Así e todo, as aventuras poden continuar cun conto e mentres dormen. Porque cando se apaguen as luces, o planeta da cortina AFTONSPARV iluminarase. Que é iso? Talvez unha nave espacial na que viaxan unha morea de amiguiños verdes. Ou unha estrela fugaz para pedir un desexo...
Form design process
Creado coa axuda de nenos
As nenas e os nenos son as persoas máis importantes do mundo e queremos saber a súa opinión, xa que creamos produtos para eles. Así foi como convidamos nenas e nenas a sesións creativas onde poden participar no deseño de produtos. Poden expresarse libremente e debuxar ou dicirnos o que para elas e eles é máis importante. As súas opinións axudan a crearmos produtos mellores. A fin de contas eles son os expertos!










