Novidades de IKEA que marcan tendencia
Deseños que acaban de saír do forno para acadar un mellor día a día.

Un bosque de outono no teu fogar
Mentres caen as follas, un abano de cores inspira a preparar o teu fogar para a nova tempada. Tanto ten se queres decorar unha mesa ou unha fiestra: atoparás produtos e consellos para encher o fogar de cor e frescura.
Novidades
HEMMAFIXARE: Almacenamento apilable
¿Estás quedando sen espazo no armario? Duplica o teu espazo de almacenaxe coas bolsas HEMMAFIXARE, que son apilables e manteñen as túas pertenzas seguras, organizadas e libres de po. Gardaas debaixo da cama, no faiado ou no trasteiro, onde sexa que menos estorben.













































