KOMPISHÄNG, unha colección pensada para os desprazamentos
Tanto ten se vas comezar un novo traballo ou se tes pensado mudarte a outra cidade: a colección KOMPISHÄNG deseñouse para que te acompañe. Os artigos desta colección son acolledores e sinxelos, e fabricáronse con materiais resistentes; ademais, é fácil movelos e crear un fogar con eles.
Mobles que te acompañan durante toda a mudanza
Grazas ás súas prácticas asas, o escritorio e o soporte para testos KOMPISHÄNG poden cambiarse de sitio con facilidade. Protexe as plantas durante a mudanza coa funda para plantas integrada. Cando chegues ao teu destino, quita a funda e enrólaa para que encaixe no compartimento interno oculto do soporte para testos. O escritorio KOMPISHÄNG pódese gardar debaixo da cama, nun armario ou detrás das cortinas para que haxa máis espazo no chan. Abonda con despregar as patas cando precises un lugar para traballar, comer ou socializar.
Dálles un respiro ás costas cunha bolsa con rodas
A bolsa da compra con rodas KOMPISHÄNG pode transportar practicamente calquera cousa, sempre que non supere os 10 kg. Utilízaa como bolsa para a bogada ou como unha axudante útil durante as túas compras. Grazas á parte superior pregable con botóns, podes axustar o tamaño para que se adapte ás túas necesidades.

Mobles aptos para inquilinos
Crear un fogar é moi sinxelo cos mobles e a decoración da colección KOMPISHÄNG. Non requiren montaxe na parede, polo que non é necesario que dispoñas dunha caixa de ferramentas nin da autorización do rendeiro para instalalos. Cando Constance Thiessoz deseñou os espellos KOMPISHÄNG, tamén quería que houbese oco para a personalidade. Ao engadir rañuras aos marcos dos espellos, creou un espazo para fotos, entradas e outras lembranzas. Agora, podes arrodearte das cousas que máis che importan sen deixar nin unha marca na parede.