Saltar

Do berce á cama (e todo o que hai entre eles)

Se os envolves con tecidos agradables e o cuarto no que se atopan desprende un estilo acolledor e tradicional, tanto as camas como os berces serán ideais para acurruncharse e durmir a sono solto. Hai veces nas que os máis pequechos empezan a noite no berce e a rematan na cama. Que silenciosos poden chegar a ser mentres durmimos! 

Un dormitorio azul cunha cama GULLABERG branca con roupa de cama con estampado floral, unha manta azul e unha mesa de noite branca.

Para durmir ben, cómpre que haxa orde

Tanto ten se aproveitas unha mañá na que non apetece facer nada ou inclúes a tarefa nunha rutina nocturna algo caótica: decora a cama cun encanto atemporal grazas á nova funda nórdica SÄTERVIDE. E, mentres pos o foco no importante, a caixa HEMMAFIXARE encastelable axúdache a manter controlada a desorde. 

Todo o necesario para un dormitorio escandinavo tradicional

A idea deste estampado xurdiu das miñas lembranzas dos tecidos que tiñan uns amigos da miña avoa na súa pequena cabana de Halland. Mentres o confeccionaba, víñanme á cabeza cadros tradicionais suecos e o mundo de Carl e Karin Larsson. Quería atopar un estampado floral simétrico que reflectise o estilo tradicional escandinavo ao mesmo tempo que puidese utilizarse nun contexto moderno para decorar o fogar.
Monika ForsbergDeseñadora
Detalle do xogo de funda nórdica e de almofada SÄTERVIDE multicolor con flores azuis e laranxas.

Estampado coordinado para a túa versión en miniatura

O xogo de funda nórdica e de almofada SÄTERVIDE está dispoñible en formato pequeno para o berce do teu bebé, e é que se dorme moito mellor cando o que che arrodea é así de adorable. 

Dálle un toque personalizado

As teas precortadas poden ser as túas mellores aliadas se queres abraiar co teu cuarto. O estampado a raias da nosa nova tea precortada KORALLBUSKE é moi simple e engade o toque de cor que o teu dormitorio levaba tempo a buscar.