Saltar

Descubre a colección IKEA PS 2026

A funcionalidade divertida chegou para quedar e componse de decoración e produtos para o fogar útiles que lle dan un toque engadido de ledicia ao día a día. Esta colección está chea de movemento: roda, balancéase, dóbrase e moito máis. Ademais, aínda que os produtos encaixan en calquera sitio, están deseñados para destacar sobre todo (e resultar moi útiles) en espazos reducidos.

Unha cuadrícula de produtos IKEA PS 2026, entre os que se inclúen unha cadeira azul e un reloxo de mesa vermello.

Diversión e funcionalidade, deseñadas para ir da man

Sinxela, pero nunca aburrida

Leva á casa produtos que che abraien e che fagan feliz dun xeito totalmente sinxelo. No caso desta colección exclusiva, reducimos os materiais, simplificamos os deseños e optimizamos todo o posible a funcionalidade. IKEA PS sempre se caracterizou por crear un deseño escandinavo excepcional que encaixa á perfección nos fogares reais. Esta vez, ampliamos os límites do noso lema non oficial: "Menos é máis, pero sen aburrir xamais". 

Este banco é máxico. Fai que a fachada dunha persoa se esvaeza e deixa que o seu lado infantil saia á luz. Vino suceder unha vez e outra: o público descobre este produto e, de súpeto, comeza a xogar.
Marta KrupińskaDeseñadora
Un banco balancín IKEA PS 2026 de piñeiro macizo nun estudio branco.

Espazo limitado? Consigue a máxima funcionalidade.

Esta colección está chea de produtos que che permiten tirarlle o máximo proveito a cada metro cadrado. Algúns ofrecen múltiples funcións, como a lámpada transformable e a cadeira de brazos-cama pregable. Outros achegan espazo de almacenaxe, son doados de mover ou teñen unhas dimensións pensadas para espazos reducidos. Tanto ten cal sexa o produto que elixas: está deseñado para achegar funcionalidade sinxela e divertida ao teu fogar, independentemente do seu tamaño. 

Está lámpada convida a usala, o que supón un xeito sinxelo de achegar ledicia e diversión ás túas actividades diarias.
Lex PottDeseñador
Unha persoa está a transformar unha lámpada LED de pé amarela IKEA PS 2026 e vira a pantalla.
Quería reducir todo o posible a cantidade de material necesario para fabricar esta cadeira de brazos e utilizar o aire, algo que nos arrodea por todas partes e é gratuíto.
Mikael AxelssonDeseñador