Atopa a felicidade en Halloween con KUSTFYR
Queres celebrar Halloween dun xeito máis encantador que aterrecedor? IKEA é o destino que estás a buscar se precisas enfeites, luces e accesorios que creen a escena ideal. O noso grupo de amigables personaxes KUSTFYR ten como obxectivo prioritario axudarche a preparar unha experiencia coa que o pases de medo no fogar.

Doce, terrorífico e con ganas de festa!
Invoca o espírito da comodidade
Crea unha escena de Halloween que resulte acolledora para as túas amizades e a túa familia. Terás que asegurarte de que a iluminación ambiental sexa idónea, de que os coxíns estean moles e de que haxa candeas que desprendan un irresistible cheiro a caramelo.
Espalla a escena por todo o barrio
A iluminación acolledora e os atractivos detalles de Halloween danlles ao teu xardín ou ao teu soportal un toque festivo que convida a achegarse a quen participa no truco ou trato, e mais a calquera persoa que queira unirse á festa.
Recorre á maxia de enfornar
Traslada a diversión de Halloween á cociña e prepara doces típicos cos cortapastas, os moldes de madalenas e outros accesorios KUSTFYR. Así, lograrás que calquera reunión de Halloween teña sempre un toque doce.
Que comece o truco ou trato!
A emocionante busca de lamberetadas acaba de comezar. Grazas aos enfeites KUSTFYR no recibidor, dará igual a idade das persoas que che visiten: todas serán benvidas cunha divertida decoración de Halloween de estilo escandinavo.
Hai que repetir o ano que vén!
Cando Halloween chegue á súa fin, os enfeites e accesorios KUSTFYR estarán encantados de repetir a experiencia o ano seguinte, xa que son moi duradeiros. En IKEA, sempre atoparás solucións de almacenaxe intelixente. As bolsas KUSTFYR cumpren varios propósitos, pois poden empregarse para o truco ou trato, e tamén para cuestións de almacenaxe.
























































