Saltar

A arte de que a arte sexa accesible

A colección KONSTRUNDA naceu das palabras que a guían: "liberada, feliz e valente". Con ela, queremos ofrecer unha nova visión do que é a arte e do que pode facer polo mundo no que vivimos. 

Un espazo que recorda unha galería con cinco obxectos artísticos da colección KONSTRUNDA de IKEA, sobre pedestais brancos.

Coñece a Akanksha Deo

Akanksha Deo é unha deseñadora e artista visual de Nova Deli que combina a tradición e as técnicas téxtiles indias para crear deseños depurados e divertidos. Moitos dos produtos que elaborou para IKEA realizáronse en colaboración con artesáns indios, cunha combinación de técnicas modernas e tradicionais.

As creacións de Akanksha

Coñece a Emanuele Stamuli

Emanuele traballa nunha cooperativa de creadores, arquitectos e expertos técnicos que comparten un enfoque racionalista no tocante ao deseño, así como á atención ao detalle e á sostibilidade. A súa forza motora é contar cun enfoque que deixe espazo ao inesperado. Emanuele fai o que está nas súas mans para utilizar materiais sostibles e vangardistas, e amosa un interese especial pola cor, as texturas e as formas xeométricas.

As creacións de Emanuele

Coñece a Lisa Reiser

Lisa Reiser fabrica obxectos de metal, cerámica e vidro a pequena escala en Småland. Procede do norte de Suecia e graduouse no Beckmans College of Design en 2018. A súa obra caracterízase por un distintivo toque de sinxeleza, orixinalidade e misterio. Unha combinación que non só resulta sedutora, senón tamén bastante adictiva.

As creacións de Lisa Reiser

Coñece a Andu Masebo

Andu Masebo é un deseñador de produtos londiniense que ten experiencia no mundo da carpintaría, a metalurxia e a cerámica. Adoita alternar as súas funcións, de modo que ás veces é deseñador e outras, fabricante. A obra de Andu caracterízase pola sinxeleza, a eficiencia e o obxectivo de que os seus deseños conten historias claras e accesibles.

As creacións de Andu

Coñece a Ingrid Leander Berg e Igor Holtermann

Ingrid e Igor crean un espazo inspirador de impresións visuais a través de pinturas murais. O dúo explora a fronteira entre os espazos interiores e a arte, o que dá como resultado estampados que se poden empregar ao gusto de cada persoa e en calquera lugar que se lles ocorra.

As creacións de Igor e Ingrid

Coñece a Lisa Hilland

Lisa Hilland é unha das deseñadoras contemporáneas máis recoñecidas e galardoadas de Suecia, e creou deseños que presentan un xiro poético e que combinan técnicas de produción de tecnoloxía punta con artesanía dunha calidade insuperable. Así mesmo, os seus deseños adoitan poxarse, o que pon de manifesto a súa ambición por crear deseños duradeiros e de gran calidade que poidan aproveitarse ao longo de múltiples xeracións.

As creacións de Lisa Hilland