Saltar

IKEA Family: queres saber máis sobre o club?

O noso obxectivo principal é facer que te sintas como na casa. Espérante sorpresas, agasallos, obradoiros, experiencias e moitísima inspiración. A que esperas para descubrir todo o que temos preparado para darche a benvida?

Merécelo todo

Merécelo todo

En IKEA Family non só valoramos que merques con nós, tamén nos encanta que nos fales de ti e compartas as túas ideas, por iso sempre recibirás agasallos exclusivos. É o noso xeito de agradecer a túa confianza e participación!

Gústanos demostrarte o noso aprecio con detalles, sen esperar nada a cambio. Compartimos as nosasideas de decoración, consellos, inspiración e axuda para que consigas o fogar co que sempre soñaches. Porque non mereces menos!

Aquí empezou todo

Aquí empezou todo

IKEA Family naceu en 1984 na tenda de Linköping, en Suecia. Non obstante, a orixe do que hoxe é o maior club de clientes do mundo remóntase a 1952, cando Ingvar Kamprad, o noso fundador, puxo en marcha o Silverklubben, o primeiro club de clientes de IKEA.

Ingvar entendía a importancia de ter unha relación próxima e continua cos seus clientes. Este club, IKEA Family, facilitaba isto e, ademais, tamén tiña a posibilidade de coñecer os desexos e as necesidades dos clientes para conseguir detalles máis personalizados.

De onte a hoxe

De onte a hoxe

Cambiaron moitas cousas dende entón, pero a nosa actitude segue sendo a mesma. En IKEA Family, a inspiración sempre fuches ti. Ademais, o noso desexo é coñecer os teus gustos, plans e as túas ideas para poder ofrecerche sempre o mellor.

Ofertas, agasallos e moitísimas sorpresas

Ofertas, agasallos e moitísimas sorpresas

Só por unirte ao club terás un montón de agasallos e gozarás de vantaxes e ofertas en moitos produtos de IKEA. Mais iso non é todo, terás acceso a titoriais e obradoiros de decoración de forma gratuíta e moito máis.

Saber máis

Precisas máis motivos?

É gratis e ao instante!

Únete ao club!