Saltar

Un espazo de traballo pequeno e flexibles para unha empresa emerxente

Pregúntaste como plasmar as túas grandes ideas nun espazo tan pequeno? Aproveita cada metro cadrado cunha sala de reunións que abraie, unha zona creativa que se adapte e unha entrada acolledora que faga algo máis que dar a benvida. Con mobles intelixentes, unha funcionalidade flexible e unha identidade de marca firme, o teu negocio estará preparado para o que se lle presente.

Formas flexibles de interactuar cos clientes

Por que gastar cartos nunha sala de reunións externa cando xa tes todo o que precisas? Os mobles compactos, como as cadeiras empillables TEODORES e as mesas pregables IKEA PS, permítenche converter parte da túa oficina nunha impresionante sala de reunións que reflicta o que defende o teu negocio: a confianza, a ambición e un enfoque intelixente. Se precisas unha maior privacidade, só tes que correr a cortina divisoria.

Produtos para emerxer de forma divertida e flexible

Traballa de xeito máis cómodo e creativo

Sexamos realistas: se a comodidade brilla pola súa ausencia, é difícil render como cómpre. Co escritorio elevable eléctrico TROTTEN, o confort nunca será algo do que preocuparse. Érguete ou senta, utiliza un portátil ou unha pantalla máis grande, e cambia de posición en calquera momento. Combina o teu escritorio cunha cadeira de traballo FLINTAN para gozar dun apoio ergonómico durante todo o día. Comodidade asegurada! Agora, ocupémonos da desorde. Utiliza un soporte para monitor ELLOVEN con caixón integrado para manter o teu escritorio ordenado e a pantalla, á altura axeitada. Engade módulos de almacenaxe e caixóns TROTTEN flexibles para que as túas ferramentas e materiais esenciais sempre estean organizados. E que pasa coa iluminación? A iluminación directa NÄVLINGE axudarache a concentrarte no traballo.

Vestíbulo ou sala? Por que non ambas as opcións á vez?

Cando o espazo é limitado, a entrada ten que duplicar os seus esforzos e servir tamén como lugar de conexión. Aquí, o sofá modular LILLEHEM dá a benvida ás visitas e os colaboradores cunha escena cálida que recorda unha sala de estar. Convida as persoas a leriar, relaxarse ou traballar con total comodidade, mentres que unha mesa auxiliar pregable IKEA PS deixa espazo para cuncas de café e portátiles.As bebidas, as refeccións e a cristalaría sempre están ao alcance da man, nun armario IKEA PS con porta de vidro. As cortinas suaves separan a entrada da zona de traballo ou a sala de reunións; así, poderás pasar sen esforzo da relaxación á concentración total.

Vestíbulo ou sala? Por que non ambas as opcións á vez?

Cando o espazo é limitado, a entrada ten que duplicar os seus esforzos e servir tamén como lugar de conexión. Aquí, o sofá modular SÖDERHAMN dá a benvida ás visitas e os colaboradores cunha escena cálida que recorda unha sala de estar. Convida as persoas a leriar, relaxarse ou traballar con total comodidade, mentres que unha mesa auxiliar pregable IKEA PS deixa espazo para cuncas de café e portátiles. As bebidas, as refeccións e a cristalaría sempre están ao alcance da man, nun armario IKEA PS con porta de vidro. As cortinas suaves separan a entrada da zona de traballo ou a sala de reunións; así, poderás pasar sen esforzo da relaxación á concentración total.

Do traballo ao lecer sen cambiar de espazo

Cando remates de traballar, esta oficina emerxente disténdese e pasa de ser un espazo de traballo no que prima a concentración a un lugar de desconexión en cuestión de segundos. Abonda con descorrer a cortina divisoria para crear un espazo compartido grande onde todas as persoas poidan estar xuntas. A cálida iluminación LED das fitas ORMNÄS xera a escena perfecta, mentres que a illa RESARÖ despregable crea nun instante unha zona para refeccións, bebidas e un pouco de conexión de equipo.

Unha muller co pelo escuro recollido nun moño descorre unha cortina branca que separa unha zona de comedor dunha sala de estar con sofás modulares de cor crema e lámpadas de teito brancas.

Do traballo ao lecer sen cambiar de espazo

Cando remates de traballar, esta oficina emerxente disténdese e pasa de ser un espazo de traballo no que prima a concentración a un lugar de desconexión en cuestión de segundos. Abonda con descorrer a cortina divisoria para crear un espazo compartido grande onde todas as persoas poidan estar xuntas. A cálida iluminación LED das fitas ORMNÄS xera a escena perfecta, mentres que a illa RESARÖ despregable crea nun instante unha zona para refeccións, bebidas e un pouco de conexión de equipo.

Recrea o estilo peza a peza