Solucións prácticas para unha oficina aberta con personalidade
Todas as persoas saben que se traballa mellor cando se está a gusto.Tanto ten se é colaborando, concentrándose ou conectando, nesta oficina de tamaño medio sempre atoparás o que precisas. As tranquilas zonas de concentración combínanse con espazos de traballo comúns e recantos de descanso. Fagas o que fagas, é doado poñer o foco no que importa, ao que contribúe unha acústica eficaz.
Reunirse, comer, relaxarse e conectar
Aquí é onde comeza a unión. É o lugar ao que todas as persoas chegan, onde collen algo para comer, lerian ou agardan a que empece unha reunión. Ten que semellarse á túa empresa por completo, polo que debe ser distendido, próximo e animado. Descubre como as formas suaves e os asentos LILLESÄTER crean unha escena cómoda e propia do fogar que convida as persoas a facer unha pausa e conectar. As mesas próximas son perfectas para tomar un café, comer ou poñerse ao día, mentres que os soportes para plantas MITTZON, cheos dunha vexetación exuberante, achegan unha enerxía natural ao espazo.
Concentración que se adapta ao día a día
Agora, todas as persoas poden ser produtivas á súa maneira. Os equipos contan cun espazo de concentración grazas aos ergonómicos escritorios elevables MITTZON e as cadeiras de traballo HATTEFJÄLL, que facilitan cambiar de posición en calquera momento. As pantallas acústicas reducen o ruído e axudan a concentrarse, mentres que a vexetación exuberante crea unha división natural entre cada compañeiro. Grazas ás solucións de almacenaxe intelixentes, as ferramentas e os materiais poden organizarse correctamente e estar á man. Un recanto tranquilo con pantallas acústicas MITTZON independentes e iluminación directa é o lugar ideal para pensar, escribir e resolver problemas en paz.
Onde as ideas flúen en liberdade
Dende reunións rápidas ata tarefas creativas de traballo en equipo e planificación, este espazo de traballo mantén ocupadas todas as persoas e fai que interactúen e estean en sintonía. Colaborade arredor de varias mesas. Se precisades máis espazo, podedes engadir outra mesa pregable. As ferramentas compartidas están á man nun taboleiro perforado montado na parede, mentres que outros materiais atópanse organizados en andeis abertos ou gardados en armarios pechados. Por se fai falla cambiar o ritmo, os asentos LILLESÄTER combinados cunha mesa de centro STOCKHOLM crean unha escena máis tranquila. Isto resulta ideal para gozar de momentos informais, intercambiar ideas ou relaxarse.
Espazos pensados para as persoas, non só para as axendas
Esta oficina deseñouse pensando no xeito en que interactúan as persoas e prioriza a comodidade e a conexión. A sala de reunións principal está preparada para manter conversas importantes. As cadeiras de salas de xuntas LÄKTARE acolchadas ofrécenche comodidade durante horas, e os seus prácticos petos son ideais para gardar o teléfono ou os cadernos. Para manter os cables ordenados e os aparellos electrónicos, cargados, a mesa de reunións MITTZON ten un compartimento moi útil que serve para enchufar ordenadores e teléfonos. A iluminación de intensidade regulable fai que a escena pase dun modo de presentación brillante a unha atmosfera máis cálida e suave. As plantas e unha bandexa para refrescos crean un espazo próximo e acolledor. A só uns pasos de distancia, unha zona de reunións distendida está lista para traballar en equipo. As mesas MITTZON circulares e as cadeiras STOCKHOLM permiten reunirse en grupos pequenos ou facer unha breve pausa. Os paneis acústicos amortecen o ruído para que as ideas se escoiten con claridade, malia o deseño aberto.





































