Saltar

Ideas de comedor con encanto para un hostal

Os hóspedes perciben o cariño nos detalles dun hostal pequeno. Se os dormitorios son perfectos, mais as zonas comúns poderían estar mellor, estas ideas de comedor resultaranche moi útiles. Aquí poderás ver espazos de servizo, comedor e recepción onde os hóspedes poderán xuntarse, comer e acougar un intre, aínda cando lles espere un día intenso por diante.

Parte dunha mesa de comedor SKOGSTA en acacia coas patas negras á vista nunha zona de bufete de almorzo, detrás dunha parede de vidro.

Tan sinxelo como unha mañá de domingo

O comedor marca o ritmo do resto do día. Aquí non hai que ter présa. Os contrastes de madeira maciza e cor negra transmiten unha sensación cálida e pura. Os detalles en tonalidades suaves de vermello, amarelo e crema transmiten luminosidade e vivacidade. Os mobles como as mesas e as cadeiras SKOGSTA teñen deseños sinxelos cun estilo artesanal e atemporal. Ter diferentes tipos de asentos garante que os hóspedes sempre encontrarán un sitio cómodo na mesa.

Velaquí máis mesas de comedor
Unha mesa de comedor SKOGSTA de acacia con patas negras ten derredor tallos negros de altura axustable nun comedor comercial.
Velaquí máis mesas de comedor

Unha cunca de café e un prato VÄRDERA brancos feitos de porcelana de feldespato nunha mesa cunha chave dun dormitorio, unha culler pequena e unha teteira.
Dúas illas de cociña VADHOLMA con mesados de chapa de carballo e bases negras nas que hai distintos obxectos namentres se prepara un bufete.

Unha boa planificación para resultar acolledor, mesmo antes do café

Axuda a os hóspedes distinguiren que poden coller e que se lles serve na mesa durante o almorzo. Un menú en cada mesa indica que é necesario pedir as bebidas quentes e os zumes frescos. Os cubertos da mesa din "céntrate na comida: o resto xa está aquí". Illas de cociña VADHOLMA usadas como mesas de bufete con andeis con louza de autoservizo fácil de repoñer.

Velaquí máis recipientes para servir
Unha cadeira SKOGSTA de acacia maciza co respaldo curvado con barrotes á beira dunha mesa redonda e escura nun establecemento comercial.
Almorzo tipo bufete, no que se inclúen tarros de vidro con tapa KORKEN con marmelada e muesli, en dúas illas de cociña de madeira.
Velaquí máis recipientes para servir

Primeiras impresións que permanecen

Crea unha zona de recepción memorable que reflicta unha hospitalidade detallista e relaxada. A mesa redonda establece unha conexión visual co comedor e enche a estancia de encanto grazas ás flores frescas. Ademais, contén varios recordos de artistas locais que animan a os hóspedes descubriren o resto de produtos dispoñibles no armario con portas de vidro. Pórlle unha fechadura SOLSTOL á almacenaxe axuda a manter seguro o inventario cando é necesario.

Unha mesa de comedor SKOGSTA coa parte superior de acacia e as patas negras sobre a que hai un floreiro e outros artigos na recepción dun hostal.
Tarros e botes expostos nun armario HEMNES en negro-marrón con portas de vidro e tres caixóns no comedor de estilo clásico dun hotel.

Un negocio informal con almacenaxe intelixente

Un escritorio de estilo tradicional e varias cadeiras a xogo con aire informal. Varios estantes IVAR con armarios permiten ter á man todo o necesario para o negocio nun lugar ordenado detrás das portas de vidro. É posible pintar o piñeiro macizo para combinar coa estancia e crear un aspecto máis uniforme. As portas de feltro actúan como taboleiro de anuncios.

Explora o sistema IVAR
Un estante IVAR con portas de feltro en piñeiro/gris escuro entre os armarios, por tras dun escritorio nunha zona de recepción de estilo clásico.
Explora o sistema IVAR

Dálles a benvida aos teus hóspedes no teu pequeno hostal

Ofrécelles aos teus hóspedes un pequeno recuncho de descanso e socialización. As cadeiras de brazos de cores resultan vistosas e acolledoras e pola súa parte, a mesa/banco PERJOHAN de madeira de piñeiro maciza con almacenaxe complementa o estilo clásico xeral. Os hóspedes sempre terán algo que facer mentres agardan: ler o xornal, xogar a un xogo de mesa ou cargar o teléfono.

Máis información
Unha recepción con azulexos e dúas cadeiras de brazos PERSBOL en marrón avermellado con coxíns en beixe-gris, orientadas cara a unha mesa e un sofá.
Máis información

Antes de mercar

Estas solucións conteñen unha mestura de artigos deseñados para un uso doméstico e non doméstico. Comproba que as túas compras cumpren as normativas e son axeitadas para o uso previsto na túa zona. Contacta con IKEA para Empresas para obter máis información sobre a gama.