Saltar

Vivir para os pequenos detalles

É posible que unha familia que está a crecer e que viva nun piso pequeno dunha urbe poida ter tempo para baixar o ritmo e vivir unha vida máis sustentable? Dúas deseñadoras de interiores guíannos na dirección axeitada.

Un home e unha muller embarazada de vinte e moitos anos fronte a unha parede de ladrillo, cun cativo no medio; o home terma dun gato.
Un home e unha muller embarazada de vinte e moitos anos fronte a unha parede de ladrillo, cun cativo no medio; o home terma dun gato.

Coñece as deseñadoras

Pedímoslles ás deseñadoras Jenny Wik e Emilia Ljungberg que creasen un fogar para unha familia de tres membros (en breve, catro) á que lle gusta a vida da cidade. É na cidade onde se senten ben, onde teñen á súa xente… Pero o feito de viviren nun espazo pequeno tamén supón ter que escoller un estilo de vida máis sustentable. "Queríamos crear un oasis dentro da gran cidade, no que a familia poida ter un sitio para o que precisa e para o estilo de vida que escolleu", di Emilia.

“
Esta familia rodéase só das cousas que lles gustan. Non teñen máis que o que precisan. Pero ao vivir nun espazo pequeno, necesitan solucións de almacenamento interesantes. Para iso, engadimos solucións tanto abertas como pechadas, que van moi ben co conxunto do interior".
”

Emilia Ljungberg, deseñadora de interiores de IKEA

Materiais naturais e duradeiros

Na medida do posible, esta familia intenta non empregar produtos de usar e tirar. As bandexas de plástico cámbianse por caixas de madeira; as bolsas de plástico, por outras de malla; e os panos de cociña de papel, por téxtiles. A madeira, o algodón, o liño, o vidro, a cerámica, a cortiza e outros materiais orgánicos fannos sentir máis preto da natureza, mesmo estando no centro dunha gran cidade.

Un aire rural nunha contorna urbana

Moitos de nós optaríamos polo branco e as cores claras para escoller as tonalidades dun espazo pequeno. Está ben, pero hai veces nas que é o contraste o que fai dun lugar algo verdadeiramente especial. Para a zona da cociña desta familia, Emilia e Jenny empregaron portas negras LERHYTTAN, que fan resaltar o mesado, os andeis e o vertedeiro. Unha boa iluminación, as portas de cristal e o almacenamento aberto fan respirar o conxunto e, ademais, danlle un aire rústico.

Solucións flexibles que sempre funcionan

Este apartamento está cheo de prácticas solucións. Hai algunhas obvias, como a solución de almacenamento HAVSTA, coas súas prácticas portas corredizas de cristal, a mesa extensible da cociña (perfecta para cando crece a familia ou se hai convidados) ou o sofá cama do salón, que é unha solución perfecta para cando quede a durmir xente. Mesmo os pequenos detalles están ben pensados. "É importante que as cousas estean á man, gardadas de xeito práctico", di Jenny.

Cores da natureza

As cores están inspiradas na natureza: dende o ocre da terra ata o beixe da area ou os tons azuis do mar. "Traballamos con moitos matices diferentes que suavizan a expresión", di Jenny. Pero esta suavidade non só se acada por medio das cores, senón tamén dos téxtiles. "Achegan calor e poden axudar a definir o espazo. Como a alfombra redonda da cama do neno: fai que este recuncho sexa aínda máis del", di Emilia.

Creativas solucións de almacenamento

O armario PAX ten só 38 cm de profundidade, polo que é perfecto para estancias con pouco espazo. Xunto a el, Emilia e Jenny montaron estantes LACK para aproveitar o espazo e darlle un toque personalizado.

Autores
Deseño de interiores: Jenny Wik e Emilia Ljungberg
Fotografía: Karl Andersson