Visita a un fogar: un corredor familiar ben organizado
Engadir unha almacenaxe intelixente no corredor permitirá que todos poidan saír da casa máis rápido e sen estrés, así como crear un acolledor recibidor para as visitas. Organiza o recibidor con estes simples consellos.


1. A almacenaxe combinada facilita a organización Pensa nas distintas cousas que tes que gardar para planificar a túa almacenaxe, mesmo en espazos pequenos. No corredor, Sofie ten unha unidade montada sobre a parede para gardar zapatos; e aproveitou a altura total do teito colocando estantes ata arriba, con caixas para gardar cousas que usa con menos frecuencia. O pequeno banco que conseguiu encaixar baixo a guía dos abrigos converteu ese espazo morto no lugar perfecto para poñerse os zapatos.
3. Pon a almacenaxe dos nenos ao seu alcance É unha forma doada de facer que os nenos se impliquen e lles axuda a sentirse independentes. «Cando miro a miña casa, fágoo a través dos ollos dos nenos e dos meus», di Sofie. «Ao meu fillo encántalle poder alcanzar os seus abrigos e elixir o que queira, así como poder encontrar os seus propios zapatos».
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Pernilla Åsberg
Fotografía: Lina Ikse
Deseño de interiores: Pernilla Åsberg
Fotografía: Lina Ikse