Saltar

Visita a un fogar: crea unha agradable zona de comedor ao aire libre

Desexas crear un espazo para gozar ao aire libre este verán? Fíxate en como uns mobles versátiles e uns téxtiles converteron esta terraza elevada no salón ao aire libre perfecto para encontros improvisados.

Grupo de persoas sentadas ao redor dunha mesa nunha terraza elevada nun xardín con plantas e lousas.
Grupo de persoas sentadas ao redor dunha mesa nunha terraza elevada nun xardín con plantas e lousas.

Xunta amigos e familiares

O xardín de Nici e Ben ten ás súas costas unha frondosa vexetación, así que este verán decidiron transformar a terraza elevada nun espazo de comedor no que convidar aos amigos e familiares a estar preto da natureza. Unha selección de mobles flexibles, como unha mesa extensible e cadeiras que se encastelan á perfección, permitirache ampliar ou reducir o comedor ao aire libre para adaptalo ao número de convidados.

“
Aos meus fillos encántalles estar ao aire libre. A nosa mesa pregable ÄPPLARÖ é fantástica cando temos convidados, e ademais prégase ao tamaño perfecto para as nosas ceas ao aire libre de todas as noites".
”

Nici

Inclúe todas as comodidades dun fogar

Os téxtiles son clave para darlle ao salón ao aire libre un toque de fogar. Unha alfombra grande axúdache a definir o espazo e é agradable de pisar se che apetece descalzarte. Nici e Ben levan os coxíns dos bancos ao sofá para teren a comodidade onde a necesitan.

“
Xuntámonos cos amigos e a familia na terraza todos os meses. Cada un trae algo para comer e xantamos ao aire libre. Os nenos poden xogar e é unha forma estupenda de poñérmonos ao día".
”

Nici

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Lucy Tweed
Fotografía: Chris Corte
Sigue a Nici en @niciblueeyes