Unha rutina de baño para San Valentín
Para este San Valentín, opta por unha sorpresa pola mañá cedo nun lugar inesperado.


Ideas para San Valentín: esconde o regalo!
Comecemos polo principio: o baño vai ser o epicentro deste 14 de febreiro, así que debes telo moi presente. Antes que nada, ordena os caixóns (os divisores GODMORGON axudaranche) para despois esconder neles un regalo para a túa parella. Mimetízao e decórao coa cor deste Día dos Namorados, o vermello paixón!
Podes ir deixando pistas dende a entrada de casa para dirixir ao teu sorprendido ou sorprendida ata o baño, e aí xogar ao “frío-quente” ata que encontre a súa sorpresa. Fai dun simple detalle algo diferente!
Crea un recuncho especial e romántico para San Valentín
Hai quen pensa que os mellores regalos son os máis caros... Nós non compartimos esa filosofía. Cremos nas cousas feitas con agarimo, dende o corazón.
Por iso, como o baño é o epicentro desta idea para San Valentín, suxerímosche que elabores un recuncho tan especial coma este, con sinxelos detalles que sorprendan á túa parella: un centro de flores frescas ou un ramo de rosas, un pequeno regalo, a súa bebida favorita preparada para tomar... Pensa en pequenas cousas que a fagan feliz, e o resto sairá só!
Agora si: somerxédevos no romanticismo!
As ideas para San Valentín chegan cando lles dedicamos tempo. E é que un baño romántico é moito máis que encher de auga e escuma a nosa bañeira. Aquí tes unhas cantas formas de sorprender á túa parella con algo máis que un simple baño na casa. Busca a orixinalidade e o romanticismo en cada pequeno detalle!:
• Candeas: as candeas axúdannos a crear un ambiente moito máis acolledor e romántico. Podes colocalas arredor da bañeira ou sobre a zona do lavabo, pero sempre con coidado á hora de mantelas afastadas dos téxtiles. Se queres un toque “extra”, aposta por cadeas aromáticas.
• Lambetadas: a quen lle amarga un doce? Podes colocar unhas cantas lambetadas nun estante para bañeira HAVERN, xunto con outros detalles que acaben de facer máis cómodo e apetecible o voso baño xuntos.
• Un baño de cítricos: máis alá do típico baño de escuma, podemos utilizar aceites ou algo aínda máis sinxelo, como son os cítricos. Corta uns cantos toros de laranxa, limón, lima ou pomelo e bótaos á auga! Queda espectacular e ule que alimenta.
• Flores frescas: que é un San Valentín sen flores? Polo menos unha rosa será necesaria para ambientar un pouquiño máis o teu cuarto de baño feito un auténtico “recanto do amor”...
• Música: dálle ao “play” e pon unha música relaxante, romántica, do voso grupo favorito... algo que vos faga sentir ben e gozar deste Día dos Namorados ao grande.
Agora só queda pasar un anaco de tranquilidade grazas a estas ideas de San Valentín tan románticas, sinxelas e económicas. Feliz 14 de febreiro!
Que non cese o relax... Recomendámosche: Unha casa tranquila na que relaxarse.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.