Saltar

Decoración de Samaín 2025: Ideas para unha festa tan divertida como arrepiante

Prepárate para pasar momentos aterrecedores con estas ideas sinxelas de decoración para Samaín e converte o teu fogar nunha mansión do terror, chea de estilo e diversión.

A ghost pattern white/black KUSTFYR cushion cover

Ideas sinxelas para unha mesa deliciosa e aterradora

Cando falamos de Samaín, non todo é decorar… Mónica e mais os seus fillos compartiron connosco os seus trucos de decoración máis prezados:

Para a decoración, tinguen un mantel branco con pintura vermella e cortan os bordos para crear un efecto esfarrapado. Ademais, colgan medias reenchidas de algodón dunha vasoira sobre a mesa, un detalle fácil e orixinal que lles encanta aos pequechos.

Para a comida, Mónica prepara unha sopa “sanguenta” con sopa de tomate nun cunco con bólas de mozzarella e decóraa cuns dedos de meiga: só tes que poñer colorante verde a uns manteigados, darlles forma e colocarlles unha améndoa enriba a modo de unlla.

Decoración de Samaín cun cunco de sopa vermella con bólas de mozzarella e uns dedos de meiga feitos con manteigados asomando por debaixo do prato.
"Gústame decorar o fogar, pero sen complicarme demasiado; doulles máis importancia aos disfraces e os doces",
explica Mónica

Sopa sanguenta e dedos de meiga comestibles

Aperitivos para darlle un toque arrepiante á túa festa nun santiamén

Un Drácula ao que si queres apertar

O personaxe favorito de Oliver é Drácula, o protagonista principal do Samaín. Axudámolo a facer un cunha pelota de peluche, un mantel branco, un cono e un pano de mesa de tea negra. Oliver retocouno e pintoulle a cara.

Velaquí todas as pelotas de peluche
Decoración de Samaín de Drácula realizada con produtos IKEA.
Velaquí todas as pelotas de peluche

Crea o teu propio Drácula

Pasade un anaco aterrecedor e divertido mentres creades un compañeiro de aventuras

Rematou a festa? Detalles de Samaín para os teus convidados

Aínda non. Regala aos convidados un detalliño para que o leven á casa. Enche uns tarros pequenos con xelatina vermella e méteos no frigorífico. Para facer os ollos, envolve un anaco pequeno de chocolate con mazapán, fai unha bóla, debúxalle as veas con cobertura vermella e ponlle mazapán verde coma se fosen as pupilas.

Non perdas máis ideas de receitas de Samaín
Morea de tarros de vidro con xelatina vermella e doces que parecen ollos.
Non perdas máis ideas de receitas de Samaín

Máis receitas doadas: Ollos de decoración comestibles 

Paso a paso para conseguir unha mirada moi... terrorífica?

Truco ou KUSTFYR?

Coa colección KUSTFYR de IKEA, o teu fogar énchese de sustos, estilo e un toque de maxia sen esforzarte demasiado. Candeas, enfeites e accesorios fáciles de combinar para crear un Samaín inesquecible..., divertido e arrepiante ao mesmo tempo!

A living room with a grey sofa, KUSTFYR cushion covers featuring ghosts and black cats, and hanging decorations of spiders.
A dark table with KUSTFYR side tables, several treats, a KUSTFYR bowl with lid shaped like a ghost and some lit candles.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Decoración e enfeites de Samaín para gozar dunha festa inesquecible

Para que a túa decoración de Samaín sexa perfecta, podes centrarte en mercar enfeites de Samaín de decoración en negro ou laranxa. 

Entre as cousas de Samaín que non poden faltar na túa decoración están as candeas e os candelabros. Con esta selección de candeas, vas atinar seguro, xa que teñen os tons perfectos para combinar coa túa decoración de Samaín. Ademais, podes conseguir un destes candelabros perfectos para a ocasión. Por último, podes distribuír algúns farois polo fogar para conseguir unha atmosfera impresionante cunha iluminación á luz das candeas.

Para descubrir máis ideas e consellos a un bo prezo, descubre esta selección de mobles baratos e non perdas todas as nosas novidades e coleccións IKEA.