Saltar

Como deseñar un salón multifuncional

Cando o noso salón é un espazo no que debemos facer diferentes actividades diarias, é dicir, cando é un salón multifuncional, a flexibilidade e a funcionalidade son fundamentais. Por iso queremos demostrarche que é posible se sabemos como facelo: mostrámosche como podes deseñar un salón que se pode transformar en dormitorio, oficina e comedor.

Un pequeno espazo para vivir que actualmente está organizado como salón, que inclúe unha mesa de centro con rodas e unha unidade de sofá modular gris.
Un pequeno espazo para vivir que actualmente está organizado como salón, que inclúe unha mesa de centro con rodas e unha unidade de sofá modular gris.

Na túa casa hai máis persoas que dormitorios? Fáltavos espazo para a oficina? E para o comedor? Sabemos que non é o que adoitamos desexar do noso fogar, pero non te preocupes. Demostrarémosche que no teu salón hai espazo abondo para todo se sabemos que mobiliario elixir e como distribuílo polo espazo dispoñible. 

A clave para deseñar un espazo realmente funcional que sirva como salón, dormitorio, espazo de traballo e comedor é a fluidez. As solucións teñen que ser polivalentes, portátiles e doadas de gardar. 

Como integrar o sofá cama nun salón pequeno 

Tanto se o teu sofá cama for para durmir ti cada noite, como se for para recibir a convidados frecuentes, o mellor é que optes por un modelo que che achegue facilidade á hora de abrilo e pechalo. 

Neste caso optamos por dous módulos VALLENTUNA para non só conseguir unha cama dobre nun momento, senón tamén poder movelos en función das nosas necesidades. 

Ademais, os repousapés con almacenaxe van moi ben para gardar a roupa de cama e as almofadas durante o día e sacalas facilmente pola noite. Por outro lado, se tiveres un sofá cama que uses habitualmente, recomendámosche que a mesiña de centro teña rodas para movela dun lado a outro e mesmo utilizala como mesiña de noite. 

O espazo de almacenaxe nun salón multifuncional 

Acondiciona o espazo de arredor da cama para poder estar cómodo e gardar cousas: 

  • Os módulos altos que hai a cada lado da cama serven como armario para a roupa e os accesorios. Podes estruturar a túa a un lado e a da túa parella ao outro.  
  • Os módulos enriba da cabeceira son ideaispara gardar todo o que utilizas con menos frecuencia (adornos festivos, disfraces, maletas, etc.). 
  • Por último, encántanos a opción do estante detrás do sofá. Así poderás poñer a lámpada de lectura, artigos decorativos e o espertador; e debaixo podes esconder as maletas e bolsas voluminosas.  

Ideas para montar unha oficina no salón  

A simple vista non parece doado ter un espazo de traballo nun salón tan diminuto; pero nada é imposible... E para poder traballar en condicións, necesitamos algunhas ideas básicas que poden resultarche útiles: 

  • Elixe un escritorio e armarios estreitos para poder poñer documentos e o portátil. 
  • Pon lámpadas de escritorio que ocupen pouco espazo. Non debemos desaproveitar nin un centímetro! 
  • Evita ter moitas cousas espalladas polo escritorio adxudicándolles un sitio nos armarios de parede. 
  • Complementa as solucións de almacenaxe con organizadores de interior para gardar revistas e cadernos. 
  • Asigna unha caixa para cada membro da familia que utilice ese espazo, para traballar ou para facer os deberes.  

 

 

Queres máis ideas? Recomendámosche este vídeo: Un espazo para teletraballar desde casa nun chiscar de ollos. 

Crea un comedor nun chiscar de ollos! 

Seguimos co noso salón multifuncional, agora para adaptalo a unha zona de comedor. Aquí tes unhas cantas ideas! 

  • Acondiciona o espazo para comer poñendo os dous escritorios no medio do salón. 
  • Pon tamén as cadeiras de escritorio e un par de cadeiras encartables (que poidas volver colgar na parede cando acabedes de comer).
  • Garda os servizos de mesa en solucións que teñas á man para non ter que facer tantas viaxes á cociña.
  • Os artigos téxtiles como os panos de mesa, os tapetes e os manteis pódelos gardar dobrados en caixóns; os pratos, cuncas e cubertos, en armarios

 

Series e pelis no salón 

Todo salón necesita un espazo para poder ver series e pelis. Pon solucións de almacenaxe pequenas, tanto abertas como pechadas, para ocultar os artigos voluminosos e todo o que non queres que se vexa e ter o router, as videoconsolas, etc. á vista. Os organizadores de interior (caixas, cestos, etc.) son fundamentais para telo todo ben ordenado 
Sorprenderache o que inflúe unha iluminación adecuada e unha decoración sinxela en todo o conxunto. Pon unha solución de iluminación suave e indirecta na zona do televisor e cortinas grosas para evitar os reflexos. 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.