Saltar

Trasteira? Un sitio para aquelar bicicletas? Un lugar no que estar ben a gusto? Todo iso á vez e nun

Converte a túa trasteira en algo útil. Organiza a trasteira de xeito que poidas gardar as cousas de exteriores e deixar un sitio no que descansar.

Interior que semella un garaxe cunha bici colgada, estantes con artigos de exteriores, asentos, café e iluminación agradable e funcional.
Interior que semella un garaxe cunha bici colgada, estantes con artigos de exteriores, asentos, café e iluminación agradable e funcional.

Reserva un sitio para ti

As cadeiras encasteladas e outros mobles de exteriores están a agardar por ti. Mesmo se están ben dispostos, de xeito que se aproveite o espazo, emprega algúns deles para facer un recuncho no que poder dedicarte un tempo.

Usa a luz que queres por máis tempo

Para evitar que as grilandas de luces rematen enredadas, procura non enrolalas. Simplemente déixaas pendurar. Crearán o ambiente que che faga querer volver a casa.

Sitio para almacenamento e decoración

Os estantes grandes ofrecen moito espazo de almacenamento. Se cadra, mesmo lles queda algún anaco libre. Aprovéitao para poñer plantas de inverno e engade candeas LED para crear un ambiente cálido e confortable.

Funcional, visual e musical

Mantén as túas ferramentas organizadas cun taboleiro de caravillas que poidas deseñar segundo precises. Por suposto, non todo vai ser traballar. Tamén haberá un sitio para folgar, non?

“
As trasteiras ateigadas quitan espazo (e enerxía!). Paga a pena organizar as cousas como é debido. Terás máis sitio para outras actividades e a tranquilidade de poder aproveitalas".
”

Geneviève Jorn, deseñadora de interiores de IKEA

Planea as túas saídas sobre dúas rodas

Os ganchos non só che permiten quitar a bici do medio, senón que tamén son un bo soporte de exposición. Descansa e imaxina onde poderedes ir ti e maila túa bici cando a saques de aí.

Un espazo para as túas tarefas favoritas

Calquera espazo diáfano é ideal para as tarefas do inverno. Os mobles fáciles de mover, como os carriños con rodas, permítenche facer sitio e mover os accesorios dun proxecto a outro.

Mantemento ben pensado

Ter todo no seu sitio é unha forma de liberar enerxía. Gárdaa para o que de verdade che importa, fai unha pausa para un café de cando en vez e verás como o inverno pasa axiña.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Geneviève Jorn
Fotografía: Emma Engkvist
Texto: Henrik Annemark