Saltar

Decoración rosa pastel

O rosa pastel é unha cor chave en decoración e agora é tendencia. Bota un ollo ás nosas ideas e inclúeas no teu fogar para que a volta á actividades resulte máis liviá.

Mestura de tons

Podes arriscar e introducir rosa pastel nas paredes do teu fogar. É unha cor luminosa e suave, ideal para o dormitorio.
Se non te atreves, podes engadir rosa nos teus téxtiles e combinalos con tons púrpura, malva ou rosa fucsia.

Decoración ao alcance do teu peto

Non tes por que investir grandes cantidades en decorar o teu fogar. Podes cambiar a decoración con algúns accesorios e adaptala ás tendencias do momento.

Coordina o teu dormitorio de estudante

A decoración ten efectos positivos para a saúde. Un ambiente caótico e desordenado pode chegar a provocar estrés, e non queremos que iso ocorra, así que toma nota.

Non esquezas as paredes. Unhas láminas e uns cadros inspiradores darán estilo á túa decoración. Escolle a que mellor reflicta a túa personalidade.

Equilibra as tonalidades do teu cuarto. Que non se che pase ningún detalle. Unha luz de lectura e un toque de rosa pastel nos téxtiles do teu cuarto favorecerán a túa concentración para que este curso deas a nota.

Proponte ordenalo todo, en organizadores, arquivadores e caixas. Etiquétaos para saber onde está cada cousa e non perder o tempo buscando entre os caixóns.

Anota o importante e escribe notas para as tarefas urxentes. Temos taboleiros e encerados para que che resulte máis sinxelo. Non esquezas un reloxo no teu espazo de traballo. Programa o tempo que adicas a cada cousa e serás moito máis eficiente.

Todo o que precisas para a volta á actividade

Mesa completa

Tanto se é a primeira vez que vas compartir piso, como se de súpeto aparecen invitados de máis, non é preciso investires demasiado en enxoval para o teu fogar. 

En IKEA atoparás solucións completas para vestir a mesa por moito menos do que pensabas.

Escritorio en orde

Por orde no teu escritorio con arquivadores e organizadores é moito máis sinxelo do que cres. E económico! Ten á man o que precisas diariamente e clasifica o que non vaias empregar tanto como, por exemplo, os apuntamentos do curso pasado.

Todos os produtos desta tendencia