Saltar

Tendencias de decoración para esta primavera 2020

Achégase a primavera! Queres ver cales serán as últimas tendencias de decoración primaveral para o 2020? Amosámosche un adianto dos nosos produtos IKEA favoritos para esta tempada. Que o 20 de marzo non colla a túa casa por sorpresa!

Unha variedade de coxíns con cores primaverais sobre un carriño con rodas.
Unha variedade de coxíns con cores primaverais sobre un carriño con rodas.

O inicio da primavera, concretamente o día 20 de marzo, xa se aproxima. Non sabemos se serán as ganas de que os raios de sol, as flores e as cores vivas inunden os nosos días ou que, pero no podemos agardar para ver cales serán as tendencias que arrasarán en decoración esta tempada de primavera. Namentres, preparamos un pequeno adianto dalgúns produtos IKEA que non poderán faltar na túa casa para darlle ese toque primaveral e alegre. Este ano, decantámonos por unha das cores estrela da primavera: o verde.

Se tes unha casa coa decoración en branco, será moi sinxelo introducir unhas pequenas pinceladas desta cor para mudar por completo o ambiente de cada estancia. A nosa proposta é unha oda á natureza, polo que a paleta decorativa que escollemos para esta primavera baséase no seguinte: como xa dixemos, o verde (con todas as súas preciosas variacións cromáticas), o branco (para non perder esa frescura e iluminación que tanto nos gusta) e tons marróns e terra (grazas á introdución de complementos feitos con madeira e outros materiais naturais).

Que che parece se comezamos polo dormitorio? O cambio de téxtiles é a alternativa máis sinxela, rápida e, por que non dicilo, económica que existe para mudar a decoración da túa casa nun chiscar de ollos e en máis dunha ocasión. 

A nosa gama de primavera, chea de toques inspirados na natureza e coloridas opcións de interior, ten todo o que precisas para sacar o teu fogar da hibernación dos últimos meses. Esta primavera, troca a túa roupa de cama por unhas sabas fresquiñas feitas con materiais finos e transpirables. Podes decantarte por uns bonitos estampados coma os da nosa JUVELBLOMMA (na foto) ou apostar por un verde liso coma o da PUVERDIVA.  

Pequenos toque primaverais que cambian a túa casa 

A decoración de interiores é un mundo apaixonante e, cando te namora, vólvese moi difícil non querer renovar a casa cada pouco tempo. Ao final acontece o mesmo que coa roupa! Non é malo cambiar o estilo do teu fogar, mais sabemos que non sempre resulta tan doado. Temos preparadas unhas solucións para que, cuns pequenos toques, poidas introducir a primavera no teu fogar.  

Por exemplo, no baño, podes xogar coa cor das toallas e as alfombras de baño (nós apostamos polos tons vivos das nosas VAGSJÖN). Ademais, podes cambiar algo tan sinxelo e sutil como a xaboeira ou introducir unha caixa de bambú na que pór unha fermosa e alegre planta natural.  

Tamén podes aplicar estes matices ao resto da casa, por exemplo, cun bonito floreiro de cristal (coma o VANLIGEN) onde pór algunhas flores ou plantas. Observa o efecto que se consegue cando a luz natural traspasa o vidro de color. Se queres algo máis grande, aventúrate a cambiar as fundas do sofá, combinar coxíns con diferentes estampados ou pór unha alfombra xeitosa como a HILDGARD para facer o teu salón máis acolledor.  

As cociñas de cores tamén son tendencia esta primavera. Afóutate e cambia as frontes de cociña por outras novas ou simplemente dálles unha man de pintura para renovar o seu aspecto. Que che parece esta idea?   

Xa sabes, anímate esta primavera e renova a decoración do teu fogar! Se che gustou este artigo e queres ler máis sobre decoración e orde, bótalle unha ollada a este artigo:  

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.